Boeing B-47 Stratojet
B-47 Stratojet | |
---|---|
Tipo | bombardeiro estratéxico |
Fabricante | Boeing |
Primeiro voo | 17 de decembro de 1947 |
Introducido | xuño de 1951 |
Principais usuarios | USAF |
Unidades construídas | 2032 |
O Boeing B-47 Stratojet foi un bombardeiro medio, de longo alcance e seis reactores estadounidense construído para voar a altas velocidades subsónicas e a grande altura. Foi principalmente deseñado para lanar boambas nucleares sobre a Unión Soviética. Cos seus mtores instalados en góndolas baixo a súa á en frecha, o B-47 foi unha grande innovación no deseño de reactores de combate de despois da segunda guerra mundial, e foi importante no posterior desenvolvemento dos reactores comerciais.
O B-47 entrou en servizo co SAC da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1951. Nunca entrou en combate como bombardeiro, pero foi un dos piares do SAC durante os anos 50 e principios dos 60, estando en servizo como bombardeiro ata 1965. Foi tamén adaptado para outras misións, como recoñecemento fotográfico, intelixecia electrónica e avión meteorolóxico, permanecendo en servizo como plataforma de recoñecemento ata 1969, e como banco de probas ata 1977.