Bojnice
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Eslovaquia | |||
Regiões da Eslováquia (pt) | Trenčín (pt) | |||
Distrito da Eslováquia (pt) | Prievidza (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 4.978 (2021) (249,85 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 19,924 km² | |||
Bañado por | Nitra (en) | |||
Altitude | 291 m | |||
Creación | 1113 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 972 01 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 046 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | bojnice.sk |
Bojnice (en húngaro Bajmóc, en alemán Weinitz) é unha vila histórica sita no centro de Eslovaquia ao norte do río Nitra, preto de Prievidza. No ano 2013 tiña unha poboación de 4.921 habitantes. Bojnice é unha vila principalmente coñecida polas súas atraccións turísticas. Posúe o parque zoolóxico máis antigo do país e tamén un dos spa máis antigos de Eslovaquia. A vila está situada baixo o Castelo de Bojnice, que foi construído con rochas de travertino no século XII.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Bojnice linda ao norte co val do río Nitra, baixo os Montes Strážov. Sitúase a 4 km da cidade de Prievidza, coa que comparte o sistema de transporte público. Outras cidades próximas son Žilina (a 60 km ao norte) e Trenčín (a 65 km ao oeste).
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 2001, a vila tiña 5.006 habitantes, dos que o 97,06% eran eslovacos, o 0,68% checos e o 0,24% alemáns. O 74,55% eran católicos, o 19% non tiña afiliación relixiosa e o 2% luteranos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bojnice |