Bonifacio Botana
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() Ledoira, España ![]() |
Morte | século XX ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Bonifacio Botana Varela, nado en Ledoira (Frades) e finado en Buenos Aires, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Buenos Aires. Traballaba como chofer de Correos e Telégrafos. Foi un dos fundadores da sociedade Pro-Escuelas Hispano-Americanas en el municipio de Frades[1] e pertenceu á sociedade Municipios Unidos de Ordenes. Foi secretario da Unión Galaico Americana. A unha iniciativa súa debeuse a creación da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, da que foi un dos fundadores, e na que ocupou os cargos de secretario e presidente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo de Galicia, 4-5-1919, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. ISBN 9789507865749.