Saltar ao contido

Bonloc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBonloc
Bonloc (fr)
Lekuine (eu) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°22′07″N 1°16′00″O / 43.3686, -1.2667
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAquitania-Lemosín-Poitou-Charentes
DepartamentoPireneos Atlánticos
Distritosarrondissement of Bayonne (en) Traducir
Cantóncanton of Hasparren (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación367 (2021) Editar o valor en Wikidata (359,8 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaBayonne Functional Area (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie1,02 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porAran (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude123 m-51 m-146 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal64240 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Bonloc (en francés, forma oficial) ou Lekuine (en éuscaro), é unha localidade e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania e o territorio histórico vascofrancés de Lapurdi.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Bonloc, cunha superficie de 102 ha, é a máis pequena comuna do departamento. A súa poboación en 2012 era de 370 habitantes,[1] o que representaba unha densidade de 363 hab/km². O seu xentilicio é Lekuidar.[2]

Está atravesada polo río Arán, tamén coñecido como Harana e Joyeuse, un afluente do Adour.

Limita coas comunas de Hasparren, ao noroeste; Ayherre, ao leste e Mendionde, ao suroeste.

Bonloc ten unha historia rica e particular. A vila dependeu, desde o século XII até principios do século XVIII, do mosteiro de Roncesvales. Paul Raymond sinalou que Bonloc fora unha antiga encomenda relixiosa.[3] Esta institución medieval era unha illa feudal, con dereitos señoriais até o século XVII.[4] Os seus habitantes tiñan un estatuto de colo, intermedio entre a escravitude e o estado de home libre, e debían pagar diversos impostos ao mosteiro. Na vila había unua casa que servía de albergue nun dos camiños de Compostela.[5]

A principios do século XVIII, e até a Revolución francesa, a aldea foi unha posesión do Bispado de Baiona. A Revolución francesa procedeu á abolición dos privilexios e desmantelou a riqueza do clero. Os residentes de Bonloc alcanzaron daquela un estado de cidadán completo e quizais por iso é polo que os lekuindarras son particularmente celosos de conservar a súa identidade.[6]

Tratado de Bonloc

[editar | editar a fonte]

Un feito histórico acaecido en Bonloc foi o Tratado de Bonloc. O 30 de novembro de 1273 asinouse nesta vila un tratado de alianza entre Henrique I, rei de Navarra e Eduardo I, rei de Inglaterra, polo cal a infanta Xoana, herdeira do Reino de Navarra (a futura raíña Xoana I de Navarra), casaría con Henrique, príncipe herdeiro do Reino de Inglaterra. Pero as mortes prematuras do rei Henrique I, o 22 de xullo de 1274, e do príncipe Henrique, o 14 de outubro do mesmo ano, deixaron este tratado sen efecto. Porén, a alianza anglo-navarra sería confirmada polo matrimonio, en 1276, de Branca de Artois, viúva de Henrque I e nai de Xoana, con Edmundo, conde de Lancaster, irmán do rei Eduardo I.[7]

Un costume local

[editar | editar a fonte]

Un costume propio de Bonloc continúa perdurando hoxe: na véspera de san Xoán, á tardiña, os cazadores e, en xeral, calquera persoa que teña unha arma de fogo tiran ao aire desde a porta da súa casa. Non se sabe exactamente de onde procede este hábito, pero todos respectan escrupulosamente a tradición.[6]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 64134-Bonloc en Insee.
  2. Euskaltzaindia / Real Academia de la Lengua Vasca
  3. Paul Raymond (1999): Dictionnaire topographique Béarn-Pays basque. Pau: Princi Néguer. ISBN 2-905007-80-X.
  4. Pierre Lhande (1926): Dictionnaire basque-français.
  5. Jean Goyhenetche (2001): Histoire générale du Pays basque. Tome III, Évolution économique et sociale du XVIe au XVIIIe siècle. Donostia / Baiona: Elkarlanean. ISBN 8483317443.
  6. 6,0 6,1 Village de Bonloc Arquivado 08 de marzo de 2015 en Wayback Machine..
  7. Herreros Lopetegui, Susana (1993): "Navarra en la órbita francesa". En Historia Ilustrada de Navarra. Pamplona: Diario de Navarra. ISBN 84-604-7413-5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]