Boonlua
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (th) หม่อมหลวงบุญเหลือ เทพยสุวรรณ ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de decembro de 1911 ![]() Bangkok, Tailandia ![]() |
Morte | 7 de xuño de 1982 ![]() |
Educación | Universidade de Minnesota (pt) ![]() Universidade de Chulalongkorn ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, tradutora ![]() |
Familia | |
Irmáns | Buppha Nimmanhemin ![]() |
Mom Luang Boonlua Debyasuvarn[1], nada co noome de Kunchon en Bangkok o 13 de decembro de 1911 e finada o 7 de xuño de 1982, foi unha escritora, tradutora e educadora tailandesa, coñecida co pseudónimo literario de Boonlua.[2][3] Está considerada unha das educadoras máis importantes de Tailandia durante unha fase crucial da modernización do país.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi a menor dos 32 fillos e fillas de Chao Phraya Thewet, oficial de alta gradación, e a única filla de Mom Nual, bailarina clásica tailandesa. Fixo educación primaria nun convento católico, e a educación secundaria en Penang e na Escola Saint Mary’s S.P.G. en Bangkok. En 1936 graduouse en Lingua e literatura tailandesa pola Universidade Chulalongkorn, e en 1950 rematou un mestrado de Educación na Universidade de Minnesota.[5][2][6]
Despois de graduarse comezou a traballar como funcionaria, primeiro como profesora de literatura e despois na administración educativa para o Ministerio de Educación de Tailandia. Despois de facer o mestrado, para o que recibiu unha bolsa, regresou ao seu país. En 1968 encargóuselle crear a Facultade de Artes no campus do Palacio Sanam Chandra da Universidade Silpakorn.[7]
En 1970 deixou de traballar como funcionaria, e dedicouse á escrita.[8][2] Publicou cinco novelas, varios ensaios sobre literatura tailandesa e estableceu as bases para a crítica literaria moderna tailandesa.[7] Algunhas das súas obras foron traducidas ao inglés e analizadas en estudos de literatura comparada de Asia do Sueste. Tamén traduciu obras do inglés ao tailandés e do tailandés ao inglés.[9]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]A súa irmá Buppha Kunchon Nimmanhemin tamén é escritora, co pseudónimo literario de Dō̜kmai Sot.[10]
Obra
[editar | editar a fonte]- Thutiyawiset (1968; novela)
- Suratnari ("O país de mulleres", 1972; novela)
- Sneh Plai Jwak ("A culler máxica de cociñar"; novela curta)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mom Luang é un título que indica que foi tataraneta dun rei.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "M. L. Boonlua: Historical Background". Universidade Silpakorn. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 03 de outubro de 2019.
- ↑ Kepner, Susan Fulop (1996). The Lioness in Bloom: Modern Thai Fiction about Women. p. 8. ISBN 0520915410.
- ↑ "Celebration of anniversaries in 2012". UNESCO.
- ↑ Miller, Jane Eldridge (2001). Who's who in Contemporary Women's Writing. pp. 42–43. ISBN 0415159806.
- ↑ Kepner, Susan Fulop (2013). A Civilized Woman: M.L. Boonlua Debyasuvarn and the Thai Twentieth Century. ISBN 1630418188.
- ↑ 7,0 7,1 Fry, Gerald W; Nieminen, Gayla S.; Smith, Harold E. (2013). Historical Dictionary of Thailand. pp. 64–65. ISBN 081087525X.
- ↑ "Intimate view of an extraordinary life". Bangkok Post. 11 de abril de 2013.
- ↑ M.L. Boonlua. "Her Works". Silpakorn University. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2019. Consultado o 03 de outubro de 2019.
- ↑ Fry, Gerald W.; Nieminen, Gayla S.; Smith, Harold E. (2013). Historical Dictionary of Thailand. p. 138. ISBN 081087525X.