Bordo diverxente
En tectónica de placas un bordo diverxente é o límite entre dúas placas litosféricas contiguas que se separan. Conforme as placas diverxen, novo material ascende por procesos magmáticos desde o manto terrestre, creándose nova litosfera, polo que tamén recibe o nome de bordo construtivo.[1]
Os bordos diverxentes máis activos son os responsables das dorsais mediooceánicas, onde o eixo do rift mediooceánico marca o límite entre as placas contiguas, e é onde se forma nova codia oceánica que se incorpora simétricamente a cada unha delas. A extensión que ocorre no rift produce fallas normais ou extensivas, que delimitan chanzos e grabens ou fosas tectónicas paralelos á dirección da dorsal.[2]
Do mesmo xeito que os bordos converxentes, os bordos diverxentes están asociados a actividade volcánica e sísmica. Nas dorsais prodúcese a maior parte do vulcanismo terrestre, e a maior parte de láva que se verte desde a geosfera, pero é un vulcanismo de tipo fluído que permanece ademais oculto baixo o océano. Os terremotos ocorren en asociación con fállas normais recentes que definen o rift, e tamén con fállas transformantes, das que as zonas que constitúen límite de placa están, na súa maior parte, nas propias dorsais, e son a sede dos sismos de maior magnitude que ocorren no océano.
Ademais de límites diverxentes, existen outros dous tipos de límites de placas: os converxentes ou subducción e os pasivos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Agueda Villar, José A.; Anguita Virella, Francisco; Araña Silvestre, Vicente; Lopez Ruiz, José; Sanchez de la Torre, Luis. "8. Tectónica de placas". Geología (en castelán). Madrid: Rueda. pp. 212–9. ISBN 84-7207-009-3.
- ↑ Strahler, Arthur N. (1992). "1". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 9–12. ISBN 84-282-0770-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]"Aparece unha enorme greta en Kenia que podería dividir África en dúas". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2018. Consultado o 6 de abril de 2018.