Bouza, Baredo, Baiona
Bouza | |
---|---|
Parroquia | Baredo |
Concello | Baiona |
Coordenadas | 42°06′05″N 8°52′16″O / 42.101397222222, -8.8710777777778 |
Poboación | 76 hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Bouza,[1] erroneamente chamada no Nomenclátor de Galicia Bouza, é unha aldea da parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2015, tiña 76 habitantes (39 homes e 37 mulleres).[2]
Este topónimo sempre vai acompañado do artigo, a pesar de non telo no Nomenclátor de Galicia, aínda que si en Galicia Nomeada. Así o corroboran outros microtopónimos como "O Campo da Bouza". É tamén un dos barrios históricos da parroquia e, polo tanto, está ben atestado o mantemento do artigo. Por exemplo, en 1753, en documentación do Arquivo Municipal de Baiona, aparece un veciño chamado "Francisco Barreyro da Bouza".
Ó igual que noutros barrios, as casas están illadas e construídas sobre terras de cultivo. Existen varias edificacións de tipoloxía tradicional (incluíndo canizos), mais as novas non a manteñen.[3]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Baredo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Baredo no concello de Baiona (Pontevedra) | |
---|---|
O Agro | Bouza | O Cabreiro | As Cadeiras | O Cancelo | O Caneiro | O Carballo | O Lombo | A Ponte | Os Portelos | O Río | Rocamar | A Torre |
Parroquias de Baiona
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Bouza". Galicia Nomeada. Consultado o 02-05-2023.
- ↑ IGE. "Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 24/02/2021. Consultado o 17/12/2014.
- ↑ "PXOM do concello de Baiona". Concello de Baiona. Consultado o 23-8-2016.