Bracha L. Ettinger
![]() (2009) ![]() | |
Nome orixinal | (he) ברכה ליכטנברג אטינגר ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de marzo de 1948 ![]() Tel Aviv, Israel ![]() |
Educación | Universidade París-Diderot ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintora, filósofa, fotógrafa, psicanalista ![]() |
Empregador | European Graduate School ![]() |
Influencias |
Bracha Lichtenberg Ettinger (en hebreo: ברכה אטינגר, ברכה ליכטנברג-אטינגר), nada en Tel Aviv en 1948, é unha artista israelí. Como artista visual produciu principalmente pinturas, debuxos, cadernos e fotografías. Tamén é filósofa, psicanalista e escritora.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A obra de Ettinger consiste principalmente en pinturas ó óleo. Ettinger está considerada unha figura prominente da escena artística francesa e israelí. A arte de Ettinger' foi analizada polo miúdo no libro Women Artists at the Millennium,[1] en Encounters in the Virtual Feminist Museum de Griselda Pollock[2] e na antoloxía Women's Work is Never Done de Catherine de Zegher.[3] As súas ideas sobre a teoría cultural, a psicanálise e o feminismo francés conseguiron o recoñecemento despois da publicación de Matrix and Metramorphosis (1992), anacos dos seus cadernos (Moma, Oxford, 1993) e The Matrixial Gaze (1995). Durante dúas décadas o seu traballo foi influente na historia da arte,[4] estudos cinematográficos, psicanálise, estética e estudos de xénero.[5]
Ettinger é profesora no European Graduate School de Saas-Fee, Suíza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Women Artists at the Millennium, 2006, editado por Carol Armstrong e Catherine de Zegher. ISBN 0-262-01226-X, ISBN 978-0-262-01226-3. The MIT press book page Arquivado 28 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ Pollock, Griselda, Encounters in the Virtual Feminist Museum. Taylor and Francis, ISBN 0-415-41374-5.
- ↑ De Zegher, Catherine, Women's Work is Never Done. MER Edition, 2015. ISBN 978-94-90693-47-3.
- ↑ Griselda Pollock, Encounters in the Virtual Feminist Museum. Routledge, 2007
- ↑ "Diotima and the Matrixial Transference." In: Van der Merwe, C. N., and Viljoen, H., eds. Across the Threshold. New York: Peter Lang, 2007. ISBN 978-1-4331-0002-4