Saltar ao contido

Branda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Branda de Gorbelas, Portugal
Detalle da porta da branda de Gorbelas, Portugal

Unha branda é un núcleo habitacional temporal de verán típico da Serra do Xurés galega e da Serra do Gerês portuguesa e tamén da Serra do Soajo. A súa orixe está nun proceso de transhumancia dende a zona onde a poboación local habitaba no inverno para a zona máis alta da serra, con abundancia de pastos para alimentar o gando. O veceiro (pastor que tiña a quenda) levaba o gado ao monte durante os meses de xuño a setembro. É un termo empregado nas montañas de Ourense

O mesmo que ocorre cos chozos do Suído galegos, nestas zonas os pastores necesitan de construcións de acubillo para o gado e para eles mesmos, polo que no norte de Portugal, especialmente das Serra do Gerês, chámanlle brandas aos núcleos habitados temporarais de verán, cuxa orixe se insire nun proceso de transhumancia no que as poboacións se trasladan das súas aldeas de inverno para as zonas máis altas da serra, onde abundan pastos fértiles para alimentar o gado. As brañas son típicas do complexo sistema antigo da transhumanciada das Serras do Soajo e da Peneda-Gerês (e da serra do Xurés ourensá), hoxe integrado no Parque Nacional de Peneda-Gerês.

A aldea onde a familia pasa o inverno chámase inverneira, localizada nun val, en zonas máis baixas. No fin do verán ou principio do outono, as persoas deixan as brañas e baixan á inverneira, onde permanecen até marzo, cando volven subir para as brañas para faceren as sementeiras do centeo e deixar o gado a pastar. Hoxe en día, nas poucas aldeas que manteñen a tradición, as persoas só levan os animais e algúns haberes, ao contrario de antigamente, cando levaban até a moblaxe.[1][2]

  1. "Vale do Minho". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2014. Consultado o 09 de setembro de 2014. 
  2. "Trilho de Santo António de Vale de Poldros". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2013. Consultado o 09 de setembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  • Chozos do Suído, cabanas de pedra moi semellantes ás brandas portuguesas.
  • Teitos, casoupas asturianas semellantes ás pallozas galegas.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Sendeiro das Brandas (en portugués)[Ligazón morta]