Bretoña, A Pastoriza
Bretoña | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Bretoña | |
Concello | A Pastoriza[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°20′13″N 7°19′02″O / 43.337, -7.31727778 |
Poboación | 720 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 30[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Bretoña é unha parroquia do concello lugués da Pastoriza na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 759 habitantes (390 homes e 369 mulleres). É a parroquia máis poboada do concello.
Historia
[editar | editar a fonte]É coñecida por ser a máis ca probábel sé da diocese de Britonia de onde era orixinario o bispo Mailoc, asinante nos Concilios galaicos de Lugo (569) e Braga (572). O bispado bretón xorde coa chegada masiva ao norte de Galicia de refuxiados celto-britanos[3] procedentes das Illas Británicas[4] logo da invasión anglosaxoa. Esta diocese foi substituída pola de Mondoñedo na segunda metade do século IX.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución demográfica da parroquia de Bretoña
1388[5] | 1753[6] | 1842[7] | 1887[8] | 1910 [9] | 1930 [10] | 1940[11] | 1950[12] | 1960[13] | 2000[14] | 2015 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
130 | 1023 | 1100 | 1661 | 1729 | 1670 | 1751 | 1562 | 1291 | 901 | 759 |
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Bretoña
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Bretoña no concello lugués da Pastoriza | |
---|---|
A Afoz | Alvite | Os Alvites | O Arandal | O Azougue | O Barreiro | O Bispado | Os Cabaleiros | A Cabeira | O Campo Vello | O Carballal | A Castiñeira | O Castrillón | O Coto de Francos | O Coto | O Covelo | Currás | O Espiñedo | Fitoiro | Fontao | O Foxo | Francos | A Igrexa | Lodás | Luxilde | A Macieira | Mourelle | O Outeiro | Piñeiros | Seselle | A Soledá |
Parroquias da Pastoriza
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 30 de abril de 2021.
- ↑ Young, Simon (2002). Britonia: Camiños novos. Toxosoutos ISBN 84-95622-58-0
- ↑ No estadio actual dos nosos coñecementos non é posíbel concretar se o ponto de orixe foi a Gran Bretaña ou a Armórica como sinala García García, Antonio. (2000). Historia de Bretoña. Deputación Provincial de Lugo. pp. 20-21, ou Thompson, E. A. "Britonia" en Christianity in Britain 300-700. Edd. M. W. Barley e R. P. C. Hanson. Leicester University Press. 1968. pp. 201-205
- ↑ Dato tirado da visita realizada polo bispo de Mondoñedo a Bretoña o 24 de agosto de 1388. O texto da visita consérvase no Arquivo da Catedral de Mondoñedo, Tombo do séc. XV, fol. 216r-17r (segundo outra foliación 218r-19r). Citada por García García, Antonio: Historia de Bretoña. Lugo: Servicio de Publicacións Deputación Provicial de Lugo, 2000. p. 34.
- ↑ Interrogatorio Xeral do Catastro de Ensenada
- ↑ Madoz, Pascual (1846). "BRETOÑA". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) IV. Madrid. p. 438-439. O volume foi publicado en 1846, e non queda clara a orixe dos dados fornecidos por Madoz, ben dos seus correspondentes locais ou do censo de 1842.
- ↑ Nomenclator provincia de Lugo do INE
- ↑ Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España: con referencia al 31 de diciembre de 1910: provincia de Lugo / Dirección General del Instituto Geográfico y Estadístico. Madrid: Talleres del Instituto Geográfico y Estadístico, 1915
- ↑ Nomenclator general de España con referencia al 31 de diciembre de 1930: provincia de Lugo. [S.l.: s.n., 193-?]
- ↑ Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España, formado por la Dirección General de Estadística con referencia al 31 de diciembre de 1940: provincia de Lugo. Madrid: INE, [194-?] INE
- ↑ Nomenclator de las ciudades, lugares, aldeas y demás entidades de España, formado por el Instituto Nacional de Estadística con referencia al 31 de diciembre de 1950: provincia de Lugo. Madrid: INE, [195-?]
- ↑ Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población [de la] provincia de Lugo: censo de la población y de las viviendas de España de 1960 / Instituto Nacional de Estadística. Madrid: Instituto Nacional de Estadística, Presidencia del Gobierno, D.L. 1963 INE
- ↑ INE