Breviarium Apostolorum
Aparencia
Breviarium Apostolorum | |
---|---|
Lingua | lingua latina |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Breviarium Apostolorum é un texto latino, tirado dun texto orixinal grego, que se elaborou na Galia a fins do século VI ou comezo do VII e que tivo gran difusión na Europa occidental.[1][2]
O texto consiste en biografías dos doce apóstolos, os lugares onde predicaron e a localización dos seus sepulcros. É o primeiro texto coñecido que recolle a predicación de Santiago o Maior en Hispania, concretamente no occidente dela: "Hic [Santiago] Hispaniae occidentalia loca predicat". Igualmente establece o lugar onde foi enterrado, nun lugar non determinado chamado Achaia Marmarica ou Aca Marmarica, tradicionalmente localizado en Santiago de Compostela, aínda que sen base histórica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Breviarium Apostolorum". Xacopedia (en castelán). Consultado o 1.01.2025.
- ↑ "EGU Breviarium Apostolorum". Consultado o 1.01.2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carracedo Fraga, J. (2005). "Breviarium Apostolorum (BHL 652). Una edición". Compostellanum 50 (1-4): 503–520. ISSN 0573-2018.
- Gaiffier, Budoin de (1963). "Le Breviarium Apostolorum (BHL 652). tradition manuscrite et oeuvres apparentées". Analecta Bollandiana 81 (1-2): 89–116.