Brfxxccxxmnpcccclllmmnprxvclmnckssqlbb11116
Brfxxccxxmnpcccclllmmnprxvclmnckssqlbb11116 (pronunciado «Albin») foi o nome que lle intentaron poñer uns pais suecos ao seu fillo nado en 1991[1].
Historia
[editar | editar a fonte]Os seus pais, Elisabeth Hallin e mais Lasse Diding, tiñan pensado non rexistrar legalmente o seu fillo como protesta[2] contra a lei de nomes sueca (Namnlag (1982:670)), a cal di:
- «Os nomes de pía non poderán ser aprobados se son ofensivos ou se poden supoñer unha incomodidade
para a persoa que os usa, ou se por motivos obvios non son apropiados como nome de pía».
Despois de que os pais fracasaran ao intentar rexistrar o nome no quinto aniversario do cativo, unha corte do distrito de Halmstad, ao sur de Suecia, multounos con 5.000 coroas suecas (aproximadamente uns 500€). En resposta á multa, os pais enviaron o nome de 43 caracteres en maio de 1996, afirmando que era "un desenvolvemento expresionista que consideramos unha creación artística". Ademais, estes suxeriron que o nome debía ser entendido co espírito 'patafísico. A corte rexeitou o nome e mantivo a multa.
Máis adiante os pais trataron de cambiar a ortografía do nome por A (tamén pronunciado «Albin»). Outra vez, a corte negouse a aprobar o nome, citando a prohibición de ter un nome dunha soa letra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Boy named Brfxxccxxm". The Mirror. 30 de maio de 1996.
- ↑ BBC News (ed.). "Baby named Metallica rocks Sweden". Consultado o 04-04-2007.