Brida (electricidade)
Brida é unha peza de plástico, xeralmente nailon, empregada para suxeitar e xuntar cables, tubos ou pezas de feito temporal ou permanente. O nome ven das pezas empregadas para unir tubarías.
Actualmente as bridas, empregadas en primeiro momento en electricidade, pasaron a se empregar en moitos outros sectores como fontanería, xardinaría ou mesmo por policías e militares a xeito de esposas para deter xente.
Orixes
[editar | editar a fonte]A orixe das primeiras patentes de bridas son de 1958 baixo marca de Ty-Rap pola compañía eléctrica Thomas & Betts. Eran deseños para suxeitar os cables aos soportes nos avións. O deseño orixinal consistía nun soporte de metal. Máis tarde o deseño evolucionou na vez por poliamida PA6.6 (nailon). Anteriormente os cables suxeitábanse con cordóns, de xeito similar a como se atan os chourizos. O cordón daba unha volta ao redor do feixe de cables e continuaba unha distancia ata a seguinte atadura. O bo uso do sistema dependia de atar cada feixe ben preto e manter esa tensión en todo o feixe de cable que se suxeitaba. Se era necesario unha reparación ou rompía calquera fío podía desfacerse o feixe. As bridas pasaron a individualizar cada suxeición o que garantía un bo atado aínda que fallase algunha das bridas e facilitaba as reparacións.
Descrición
[editar | editar a fonte]As bridas empregadas actualmente son de naylon, plástico, ou metal. Compóñense dunha cremalleira sobre a cal escorrega unha peza que fai de tope, permite a xeitar o peche e a presión sobre o feixe. As bridas miden dende uns centímetros ata máis dun metro dependendo do uso que se faga delas.
O uso maioritario de poliamida 6.6 ten múltiples vantaxes:
- Autoextinguible
- Alta resistencia, rixidez e dureza
- Alta estabilidade dimensional tamén exposta á calor
- Alta resistencia á abrasión, excelente resistencia aos alcalis, aceites, produtos derivados do petróleo ou graxas
Normativa
[editar | editar a fonte]As bridas fabrícanse segundo a normativa DIN EN 62275 para uso en cables de instalacións eléctricas, especifícase:
- Temperatura mínima de instalación
- Temperatura mínima de uso
- Resistencia mínima á tracción (na normativa é descrita como a resistencia á tracción de bucle)
- Exposición a envellecer por calor
- Ciclos de temperatura
- Lume
- Resistencia a ferruxe
Ademais da normativa internacional para o uso das bridas en instalacións, poden ser necesarias outras normativas. Así cada sociedade de clasificación de buques ten as súas propias normas que son de obrigado cumprimento para a certificación e uso nos buques.
Bridas en España
[editar | editar a fonte]A chegada das bridas a España foi da man da empresa Unex de L'Hospitalet de Llobregat[Cómpre referencia], fundada en 1964[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historia". Unex. Consultado o 2 de setembro de 2013.