Saltar ao contido

British Midland International

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
British Midland International
IATA
BD
OACI
BMA
Indicativo
MIDLAND
Fundación1938 (como Air Schools Limited)
Fin das operacións27 de outubro do 2012 (fusionada con British Airways)
Aeroporto principalAeroporto de Londres-Heathrow
AlianzaStar Alliance (2000-2012)
SubsidiariasBmibaby, BMI Regional
Frota27 (antes de pasar a BA)
Destinos35
Eslogan da compañíaBetter for business
Sede

British Midland Airways Limited (comercializada ao longo da súa historia con varios nomes como British Midland, BMI British Midland, BMI ou British Midland International) foi unha aeroliña británica coa súa sede en Donington Hall, preto do aeroporto de East Midlands. A compañía realizaba voos a destinos en Europa, Oriente Medio, África e Asia central dende a súa base operacional no Aeroporto de Londres-Heathrow, onde no seu momento de máxima actividade ocupaba o 11% dos slots de aterraxes e engalaxes e operaba ao redor de 2.000 voos por semana. BMI foi membro de Star Alliance dende o 1 de xullo de 2000 ata o 20 de abril de 2012.

Foi mercada a Lufthansa polo International Airlines Group (IAG) o 20 de abril do ano 2012 e fusionouse con British Airways o 27 de outubro dese ano. As súas subsidiarias Bmibaby e BMI Regional tamén foron mercadas, aínda que IAG non desexaba conservalas.[1] BMI Regional foi vendida a Sector Aviation Holdings en maio de 2012 e contina operando, mentres que Bmibaby desapareceu en setembro dese ano.

British Midland Airways Limited tiña unha licenza operacional da Civil Aviation Authority (CAA) de tipo A, que lle permitía transportar pasaxeiros, carga e correo en avións con 20 ou máis asentos.[2]

Despois da venda de BMI a IAG, a frota da aeroliña comezou a ser transferida a British Airways. Todos os avións foron transferidos e repintados coa librea de British Airways a excepción de dous Airbus A330 que volveron ao seus arrendadores. No seu apoxeo antes do inicio das transferencias de licenzas, a frota estaba formada polos seguintes avións rexistrados na Civil Aviation Authority:

British Midland International Fleet
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros
C Y Total
Airbus A319-100 11 138
144
138
144
Airbus A320-200 7 22
20
102
108
162
124
128
162
Airbus A321-200 7 31 118 149
Airbus A330-200 2 42
36
156
196
198
232
Total 27
  1. Lufthansa (ed.). "Lufthansa and IAG sign purchase agreement for the sale of British Midland Ltd.". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  2. Civil Aviation Authority (ed.). "Operating Licence Holders". Consultado o 2 de decembro de 2016.