Saltar ao contido

Brixel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Brixel é un grupo musical galego que interpreta temas tradicionais recollidos principalmente na zona de Monterrei, A Limia e As Frieiras.

O grupo formouse no ano 2006, con músicos que viñan participando doutros grupos coma Birimbao, Os Remudes da Paneira ou Xastreu e basea o seu repertório nun amplo traballo de recolleita realizado pola agrupación Birimbao dende os anos 80 até a actualidade.

O grupo presentouse o día 3 de xaneiro de 2008 cun concerto na casa da cultura de Verín e leva dende aquela realizado numerosas actuacións por Galicia e Portugal.

Compoñentes[editar | editar a fonte]