Brne Karnarutić
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1515 Zadar, Croacia ![]() |
Morte | 1573 Zadar, Croacia ![]() |
País de nacionalidade | Venecián |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía ![]() |
Ocupación | poeta, escritor ![]() |
Brne Karnarutić, nado en Zadar, arredor de 1515 e finado en 1573, foi un poeta renacentista croata. A súa obra máis famosa foi Vazetje Sigeta grada, unha épica histórica sobre a batalla de Szigetvár.

Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Zadar sobre 1515, de antiga familia nobre. Despois da escola en Zadar, estudou Dereito, probabelmente en Padua. Serviu como capitán no exército da República de Venecia, liderando un escuadrón de cabalería croata na Guerra Otomán-Veneciana (1537–1540).[1] Despois traballou como avogado en Zadar, onde morreu arredor do 1573.
Obras
[editar | editar a fonte]Adaptou a metamorfose de Ovidio sobre Píramo e Tisbe baixo o título de Izvrsita ljubav i napokon nemila i nesrićna smrt Pirama i Tizbe (Venecia, 1586). Moito máis famosa é a outra obra de Karnarutić: Vazetje Sigeta grada (Venecia, 1584), a gran epopea histórica croata sobre a batalla de Szigetvár e a morte do ban Nikola IV Zrinski e dos defensores de Szigetvár (1566).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hrvatski biografski leksikon". hbl.lzmk.hr. Consultado o 2022-03-05.