Bronces de Riace
Os Bronces de Riace coñecidos tamén como Guerreiros de Riace, son unha parella de estatuas gregas do século -V, que se expoñen no Museo nacional da Magna Grecia da cidade de Regio de Calabria. Son dous dos poucos exemplos en bronce que quedan da arte grega antiga, xunto co Poseidón do Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas e co auriga de Delfos.[1] Foron atopadas preto da localidade de Riace, na provincia de Regio en 1972. Son coñecidos como: Bronce A (o máis novo) e Bronce B (o máis vello).
Os dous bronces son obras de arte orixinais gregas do século -V e o seu descubrimento estimulou os estudosos na investigación da identidade dos personaxes e os seus autores. Porén, persiste a controversia respecto á datación, procedencia e autoría das dúas esculturas.[2]