Bruce Beresford
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1940 (84 anos) Paddington, Australia (pt) |
Educación | Universidade de Sydney |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, produtor, realizador, produtor de cinema, guionista, actor |
Período de actividade | 1972 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Virginia Duigan |
Premios | |
Páxina web | bruceberesford.org |
Bruce Beresford, nado en Sidney o 16 de agosto de 1940 é un director de cinema australiano
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Beresford estudou na Universidade de Sydney, onde se graduou en 1964. Marchou entón a Inglaterra para buscar traballo no cinema. Ao non lograr un emprego contestou un anuncio que procuraba montador en Nixeria, onde traballou dous anos, en Enugu. Volveu entón a Inglaterra, producindo curtametraxes a directores noveis.
En 1970 volveu a Australia e dirixiu a súa primeira longametraxe, The Adventures of Barry McKenzie. Estableceu unha reputación como un dos mellores directores do país con filmes como Don's Party, The Getting of Wisdom, The Club e Breaker Morant.
Tralo éxito de Breaker Morant marchou a Hollywood. Con Tender Mercies conseguiu a súa única candidatura ao Oscar ao mellor director e Paseando a Miss Daisy gañou o Oscar ao mellor filme.
En 2012 dirixiu a ópera de Erich Wolfgang Korngold Die tote Stadt.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- The Adventures of Barry McKenzie (1972)
- Barry McKenzie Holds His Own (1974)
- Side by Side (1975)
- Don's Party (1976)
- The Getting of Wisdom (1978)
- Money Movers (1978)
- Breaker Morant (1980)
- The Club (1980)
- Puberty Blues (1981)
- Tender Mercies (1983)
- Rei David (1985)
- The Fringe Dwellers (1986)
- Crimes of the Heart (1986)
- Aria (1988)
- Her Alibi (1989)
- Paseando a Miss Daisy (1989)
- Mister Johnson (1990)
- Black Robe (1991)
- Rich in Love (1993)
- A Good Man in Africa (1994)
- Silent Fall (1994)
- Last Dance (1996)
- Paradise Road (1997)
- Sydney – A Story of a City (1999)
- Double Jeopardy (1999)
- Bride of the Wind (2001) (tamén coñecido como Die Windsbraut)
- Evelyn (2002)
- And Starring Pancho Villa as Himself (2003) (TV)
- The Contract (2006)
- Mao's Last Dancer (2009)
- Peace, Love & Misunderstanding (2011)
- Bonnie & Clyde (2013) (TV)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bruce Beresford na IMDb (en inglés).
- Páxina oficialArquivado 12 de decembro de 2019 en Wayback Machine.
- Bruce Beresford en National Film and Sound Archive