Saltar ao contido

Brulote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brulotes da Armada hispánica

Un brulote (do francés brûlot, de brûler, que significa queimar)[1] é un barco cheo de explosivos, combustibles e inflamables como a pólvora ou lume grego,[2] e dotada de ganchos nos penoles das súas vergas e bauprès. Empregábase para incendiar os buques de guerra inimigos ancorados ou para destruír as obras dos portos e as pontes que cruzaban os ríos. Xeralmente, eran aproveitados os cascos de barcos e buques moi envellecidos para convertelos en brulotes.

Ás veces, o brulote, quedaba abandonado á deriva impulsado pola corrente ou polos ventos e, outras, tentábase colocar preto do obxectivo durante a noite. Tras quedar engachado polos ganchos de abordaxe, prendíaselle lume para que incendiase o obxectivo mentres a tripulación que o achegara fuxía en botes.

Aínda que foron moi usado durante os séculos XVI e XVII, a súa orixe pode ser rastrexar até a Antigüidade clásica pois os tirios empregaron esta clase de buques contra Alexandre o Grande,[3] e tamén para apoia-la frota cartaxinesa contra a mariña romana. O seu uso foi moi relevante durante o sitio de Anveres (1584-1585) por Alexandre Farnesio, cando o enxeñeiro Gianibelli[4] utilizounos para intentar destruír a ponte de barcas construída sobre o río Escalda. Tamén os empregaron os ingleses contra a Armada Invencible[5] e outro episodio foi durante o combate de Tolon en 1744.[2]

  1. Uslar Pietri (2003)
  2. 2,0 2,1 de Paula (1851), p. 905-906
  3. El Instructor (1836), p. 47
  4. D'W. M. (1863), p. 109
  5. Rodríguez García & Castilla Soto (2005), p. 22

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • El Instructor o repertorio de Historia, Bellas Artes y Letras III. Londres: Casa de Ackerman y cía. 1836. 
  • D'W. M., J. (1863). Diccionario militar. Imprenta de D. Luis Palacios. 
  • Paula Mellado, Francisco de (1851). Enciclopedia moderna: Diccionario universal de literatura, ciencias ... Tomo V. Madrid: Establecimiento tipográfico Mellado. 
  • Uslar Pietri, Arturo (2003). Morgan y los piratas. Col. Arcadia, nº 13. Caracas: Los libros de El Nacional. ISBN 9789803880781. 
  • Rodríguez García, Justina; Castilla Soto, Josefina (2005). Diccionario de términos de Historia de España. Edad Moderna. (en castelán) (3ª ed.). Barcelona: Ariel. ISBN 84-344-6787-9. 

O contido deste artigo incorpora material do tomo 9 da Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana (Espasa), cuxa publicación foi anterior a 1938, polo que se atopa no dominio público.