Saltar ao contido

Bruno Schweiger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBruno Schweiger
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Múnic, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Marín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro Editar o valor en Wikidata

José Bruno Schweiger Damboech, nado en Múnic, foi un enxeñeiro e político alemán residente en Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vivía en Marín onde traballaba de enxeñeiro. Co seu irmán Juan eran contratistas de obras públicas.[1] Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe da Centuria de Zapadores de Falange de Marín. Participou na represión dos republicanos da comarca de Pontevedra, sendo o xefe das brigadas de falanxistas que actúan en Marín, Cangas e Moaña. Participou nas execucións de Raimundo Rodríguez Neira e Carmen Pesqueira. A primeira falanxe de Zapadores de Marín incorporuse á fronte de Asturias en novembro de 1936 e en xaneiro de 1937 sumóuselle outra falanxe, quedando formada a 1ª Centuria de Zapadores de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de Marín da que Bruno Schweiger foi o xefe. O 21 de febreiro de 1937 foi ferido gravemente, polo que se lle concedeu a "Medalla de Sufrimientos por la Patria" un ano despois. Logo de rematada a guerra foi vivir a Vigo.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Bárbara Schaffer Meister, que finou en Lugo o 15 de xullo de 1941, e foi pai de Elisabeta e María Asunción Beatriz Schweiger.[2]

  1. El Pueblo Gallego, 29-9-1935, p. 14.
  2. El Progreso, 14-7-1942, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]