Saltar ao contido

Bucephala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bucephala
Ollodourados

Bucephala clangula
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Merginae
Xénero: Bucephala
Baird, 1858
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Vexase o texto

Bucephala é un xénero de aves da orde das anseriformes, familia dos anátidos, e subfamilia dos merxinos.

As súas especies don patos mergulladores que viven no hemisferio Norte, que reciben en galego o nome vulgar de ollodourados.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1858 polo herpetólogo, ornitólogo e ictiólogo estadounidense Spencer Fullerton Baird.[2][3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome do xénero deriva da palabra do grego antigo βοῦκεφαλος boṹkephalos, "cabeza de touro", de βοῦς boṹs, "touro", e κεφαλή kephalē, "cabeza", en referencia á forma da súa cabeza e o inchamento das plumas do ollodourado de touca (B. albeola) que fai que a súa cabeza pareza máis grande.[4]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Bucephalus Prjewalski, 1878
  • Glaucionetta Stejneger, 1885

As tres especies vivas son:

Imaxe Nome científico Nome común Distribución
Bucephala clangula ollodourado Canadá e norte dos Estados Unidos, Esandinavia, estados bálticos e norte de Rusia
Bucephala islandica ollodourado islandés noroeste de Norteamérica
Bucephala albeola ollodourado de touca norte de Norteamérica e sur dos estados Unidos.

Estas tres especies foron rexistrdas en Galicia, B. clangula como invernante regular e as outras dúas como aves errrantes accidentais moi raras. (Ver Lista das aves de Galicia).

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

A taxonomía das especies deste xénero foi discutida e sometida a cambios. O ollodourado de touca (B. albeola) fora anterirmente tratado como o único membro do seu xénero (ás veces innecesariamente cambiado a Charitonetta), mentres que os outros ollodourados foran incorrectamente situados no xénero Clangula (como Clangula americana), que hoxe é o xénero de Clangula hyemalis, que daquela estaba situado no xénero Harelda.[5] Podería ser correcto aínda recoñecer dous xéneros, xa que B. albeola e os outros dous ollodourados son bastante diverxentes. Nese caso, Bucephala quedaría restrinxido só a B. albeola e o nome Glaucionetta (Stejneger, 1885) foi recuperado para os outros ollodourados.


Os taxons fósiles coñecidos son:

  • Bucephala cereti (Sajóvölgyi, Mioceno medio de Mátraszõlõs, Hungría - Plioceno tardío de Chilhac, Francia)
  • Bucephala ossivalis (Mioceno tardío/Plioceno tenperán de Bone Valley, Estados Unidos), que é moi similar ao ollodourado (B. clangula) e pode mesmo ser unha paleosubespecie ou un devanceiro directo seu
  • Bucephala fossilis (Plioceno tardío de California, Estados Unidos)
  • Bucephala angustipes (Plistoceno temperán de Europa central)
  • Bucephala sp. (Plistoceno temperán de Dursunlu, Turquía: Louchart et al. 1998)[6]
  1. Lista das aves de Galicia. Turismo ornitolóxico de Galicia, pp. 16-17.
  2. 2,0 2,1 Bucephala S.F.Baird, 1858 no GBIF. Consultado o 11 de novembro de 2022.
  3. Bucephala Baird, 1858 na BioLib. Consultada o 11 de novembro de 2022.
  4. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 79. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  5. Report of the National conference on utilization of forest products. New national museum, Washington, DC, November 19 and 20, 1924. Issue 13. US Govt. print. off. 1925.
  6. Louchart, Antoine; Mourer-Chauviré, Cécile; Guleç, Erksin; Howell, Francis Clark & White, Tim D. (1998). "L'avifaune de Dursunlu, Turquie, Pléistocène inférieur: climat, environnement et biogéographie". Les Comptes rendus de l'Académie des sciences|C. R. Acad. Sci. Paris IIA 327 (5): 341-346. [en francés cunha versión abreviada en inglés] doi 10.1016/S1251-8050(98)80053-0 (resumo HTML)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]