Bugatti Type 35
Bugatti Type 35 | |
---|---|
Marca | Bugatti |
Fabricante | Bugatti |
Período | ╴1931 |
Dimensións | |
Lonxitude | 3 680 mm |
Anchura | 1 320 mm |
Peso | 750 kg |
Cronoloxía | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Bugatti Type 35 foi o modelo con máis éxito dos Bugatti de carreiras. Destaca pola "finura e elegancia do seu deseño", a súa versión co radiador en forma de arco que evolucionou a partir dos Bugatti Type 13 Brescia, se convertería na marca da casa máis coñecida aínda que nas versións dos distintos Tipo 35 houbo variacións sobre o tema.
O Tipo 35 foi un éxito fenomenal, gañou máis de 1.000 carreiras no seu tempo. Logrou Campionato do Mundo de Grandes Premios en 1926 logo de gañar 351 carreiras e establecer 47 rexistros nos dous anos anteriores. No seu apoxeo, os Tipo 35 promediaron 14 vitorias por semana. Bugatti gañou a Targa Florio durante cinco anos consecutivos, desde 1925 ata 1929, co Tipo 35.
Type 35
[editar | editar a fonte]O modelo orixinal, presentado no Gran Premio de Lión o 3 de agosto de 1924, utilizaba unha evolución do motor 3 válvulas 2.0 L (1991 cc) árbore de levas e 8 en liña visto por primeira vez no Tipo 29. Producíronse 96 unidades.
Este novo motor co veo de manivelas montado sobre coxinetes e árbore de levas en cabeza, permitiu un motor fiable que proporcionaba 6000 rpm, e 90 CV (67 kW). Utilizaba Eixe ríxidos con béstas diante e detrás, e freo de tambor na parte posterior, accionado por cables. Os discos da roda de aliaxe foron unha novidade, para reducir o peso non suspendido. Unha segunda característica do Tipo 35, que se convertería nunha marca Bugatti era que os resortes pasaban a través do eixe dianteiro en lugar de entre os pernos en U como se facía nos seus coches anteriores.
Fíxose unha versión rara cun desprazamento total de 1´5 L (1494 cc). Hai dous destes coches raros en Nova Zelandia.
Dimensións:
- Longo: 3680 mm
- Largo: 1320 mm
- Distancia entre eixes: 2400 mm
- Track: 1200 mm
- Peso: 750 kg
Type 35A
[editar | editar a fonte]<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->
Unha versión menos custosa do Tipo 35 apareceu en maio de 1925. Chamado Tipo 35A na fábrica o nome foi ignorado polo público, é foi alcumado "Tecla" como un famoso fabricante de imitacións de xoiería. O motor do Tecla utilizaba tres casquetes de fricción, válvulas máis pequenas, e a bobina de encendido como o Type 30. Non só diminuíron os requisitos de mantemento, senón que tamén reduciuse a produción. Foron vendidos 139 unidades do tipo 35A.
Type 35C
[editar | editar a fonte]O Tipo 35C contou cun compresor Roots, malia o desdén de Ettore Bugatti pola indución forzada. O motor daba case 128 CV (95 kW) cun só carburador Zenith. O Tipo 35C gañou o Gran Premio de Francia de 1928 e 1930. Cincuenta unidades saíron da fábrica.
Type 35T
[editar | editar a fonte]Para 1926, Bugatti presentou un modelo especial para a nova carreira Targa Florio. Chamado oficialmente Tipo 35T, pronto se fixo coñecido como o Targa Florio. O desprazamento do motor era de 2.3 L (2262 cc). Os cambios de regras nos Grandes Premios que limitaron a capacidade a 2´0 L limitaron o atractivo deste modelo con só trece producidos.
Type 35B
[editar | editar a fonte]<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->
A versión final da serie Type 35 foi o Tipo 35B de 1927. Orixinalmente chamado Tipo 35TC, compartiu o motor 2.3 L do Tipo 35T pero engadiu un gran compresor como o tipo 35C. A potencia era de 138 cabalos de forza (102 kW), e realizáronse 45 unidades. O Tipo 35B gañou o Gran Premio de Francia de 1929.
Type 37
[editar | editar a fonte]<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->
O chasis do Type 35 e a carrozaría foron reutilizados no deportivo Tipo 37. Equipado cun novo motor de 1´5 L (1496 cc) 4 en liña, foron construídas 290 unidades do Tipo 37. Este motor era un deseño SOHC de 3 válvulas e producía 60 hp (44 kW). O mesmo motor pasou a ser utilizado no Tipo 40.
Type 37A
[editar | editar a fonte]O Tipo 37A sobrealimentado representaron 67 das unidades producidas do Tipo 37. A potencia do motor era de ata 80 - 90 CV. Tamén tiña tambores de freo máis grandes.
Type 39
[editar | editar a fonte]<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->
O Tipo 39 era basicamente idéntico á do Tipo 35C agás do seu motor. Este foi modificado para ser máis pequeno de 1´5 L (1493 cc) cun veo de manivelas curto. Producíronse dez unidades.
Tamén existe unha estraña versión de 1´1 L (1092 cc).
Actividade deportiva
[editar | editar a fonte]O Tipo 35 en todas as súas formas tivo unha gloriosa carreira deportiva, converténdose nun dos coches deportivos máis exitosos de todos os tempos. Non se coñece o número exacto de vitorias, arredor de dúas mil documentadas. O debut non foi feliz, no Gran Premio de Francia de 1924, en Lyon, Bugatti levou o seu grupo de 5 pilotos, entre os mellores da época: Meo Costantini, Jean Chassagne , Ernest Friderich, Leonce Garnier e Pierre de Vizcaya, algúns dos cales xa eran múltiples gañadores co Tipo 13. Pero a mala sorte tocoulle aos Bugatti, de Vizcaya restirouse por un accidente, Costantini abandonou por un fallo na dirección e os outros tres picaronospneumáticos, non se produciu ningún accidente pero foron sétimo, oitavo e undécimo. Pero a partir do Gran Premio de San Sebastián xurdiu a turrada do Tipo 35. Entre as fazañas máis memorables hai que mencionar sen dúbida as 5 vitorias consecutivas na Targa Florio, entre 1925 e 1929, pero tamén o título mundial de Jules Goux en 1926, nun Bugatti Tipo 39A. Tamén houbo traxedias, como a morte de Pietro Bordino. O 15 de abril de 1928 quixo probar un Tipo 35C en Alessandria, antes dunha carreira, pero saíuse da estrada, un can cruzou de súpeto a estrada, e tras o envorco do coche nun torrente o piloto morreu afogado e o copiloto, ferido grave, faleceu pouco despois.
Estas son só algunhas das principais vitorias do Tipo 35:
Principais vitorias e posicións do Tipo 35 e derivados | |||||||||||||
Data | Evento | Piloto | Vehículo | Posición | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
25 de setembro 1924 | Gran Premio de San Sebastián | Meo Costantini | Tipo 35 | 2 | |||||||||
3 de maio 1925 | Targa Florio | Meo Costantini | Tipo 35 | 1 | |||||||||
6 de setembro 1925 | Gran Premio de Italia | Meo Costantini | Tipo 39 | 3 | |||||||||
19 de setembro 1925 | Gran Premio de San Sebastián | Pierre de Vizcaya | Tipo 35 | 4 | |||||||||
28 de marzo 1926 | Premio Reale di Roma | Aymo Maggi | Tipo 35 | 1 | |||||||||
25 de abril 1926 | Targa Florio | Meo Costantini | Tipo 35T | 1 | |||||||||
27 de xuño 1926 | Gran Premio de Francia | Jules Goux | Tipo 39 | 1 | |||||||||
18 de xullo 1926 | Gran Premio de San Sebastián | Jules Goux | Tipo 39A | 1 | |||||||||
7 de agosto 1926 | Gran Premio do reino Unido | Malcolm Campbell | Tipo 39A | 2 | |||||||||
5 de setembro | Gran Premio de Italia | Louis Charavel | Tipo 39A | 1 | |||||||||
Meo Costantini | Tipo 39A | 2 | |||||||||||
12 de setembro 1926 | Gran Premio de Milán | Meo Costantini | Tipo 35C | 1 | |||||||||
6 de marzo 1927 | Gran Premio de Trípoli | Emilio Materassi | Tipo 35C | 1 | |||||||||
24 de abril 1927 | Targa Florio | Emilio Materassi | Tipo 35C | 1 | |||||||||
25 de xullo 1927 | Gran Premio de San Sebastián | Emilio Materassi | Tipo 35C | 1 | |||||||||
25 de setembro 1927 | Course de côte de Gaillon | Janine Jennky | Tipo 35C | 1 | |||||||||
6 de maio 1928 | Targa Florio | Albert Divo | Tipo 35B | 1 | |||||||||
16 de maio 1928 | Gran Premio de Borgoña | Janine Jennky | Tipo 35C | 1 | |||||||||
10 de xuño 1928 | Premio Reale di Roma | Louis Chiron | Tipo 35C | 1 | |||||||||
1 de xullo 1928 | Gran Premio de Francia | W Williams | Tipo 35C | 1 | |||||||||
5 de xullo 1928 | Gran Premio della Marna | Louis Chiron | Tipo 35B | 1 | |||||||||
25 de xullo 1928 | Gran Premio de San Sebastián | Louis Chiron | Tipo 35C | 1 | |||||||||
29 de xullo 1928 | Gran Premio de España | Louis Chiron | Tipo 35C | 1 | |||||||||
9 de setembro 1928 | Gran Premio de Italia | Louis Chiron | Tipo 35C | 1 | |||||||||
Tazio Nuvolari | Tipo 35C | 3 | |||||||||||
5 de maio 1929 | Targa Florio | Albert Divo | Tipo 35C | 1 | |||||||||
30 de xuño 1929 | Gran Premio de Francia | W Williams | Tipo 35B | 1 | |||||||||
Caberto Conelli | Tipo 35C | 3 | |||||||||||
Albert Divo | Tipo 35B | 4 | |||||||||||
14 de xullo 1929 | Gran Premio de Alemaña | Louis Chiron | Tipo 35C | 1 | |||||||||
Georges Philippe | Tipo 35C | 2 | |||||||||||
Guy Bouriat | Tipo 35C | 4 | |||||||||||
Mario Lepori | Tipo 35B | 5 | |||||||||||
25 de xullo 1929 | Gran Premio de España | Louis Chiron | Tipo 35B | 1 | |||||||||
Georges Philippe | Tipo 35C | 2 | |||||||||||
Marcel Lehoux | Tipo 35C | 3 | |||||||||||
6 de abril 1930 | Gran Premio de Mónaco | René Dreyfus | Tipo 35B | 1 | |||||||||
Louis Chiron | Tipo 35C | 2 | |||||||||||
Guy Bouriat | Tipo 35C | 3 | |||||||||||
20 de xullo 1930 | Gran Premio de Bélxica | Louis Chiron | Tipo 35C | 1 | |||||||||
Guy Bouriat | Tipo 35C | 2 | |||||||||||
Albert Divo | Tipo 35C | 3 | |||||||||||
21 de setembro 1930 | Gran Premio de Francia | Philippe Etancelin | Tipo 35C | 1 | |||||||||
Juan Zanelli | Tipo 35B | 3 | |||||||||||
Stanislas Czaikowski | Tipo 35C | 4 | |||||||||||
Jean de l'Espee | Tipo 35C | 5 |
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bugatti Type 35 |