Building Safer Communities. Risk Governance, Spatial Planning and Responses to Natural Hazards
![]() | Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Building Safer Communities. Risk Governance, Spatial Planning and Responses to Natural Hazards | |
---|---|
Orixe | Países Baixos |
Tema(s) | Risco natural |
Xénero(s) | ensaio |
Editorial | IOS Press |
Data de pub. | 2009 |
Editor | Urbano Fra Paleo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Building Safer Communities. Risk Governance, Spatial Planning and Responses to Natural Hazards é un libro editado por Urbano Fra Paleo en 2009 e publicado por IOS Press.
Contidos
[editar | editar a fonte]Este texto trata sobre os principios conceptuais da gobernanza do risco, cuxa posta en práctica podería mitigar as crecentes perdas causadas por un risco natural. Promove a adopción de enfoques proactivos e preventivos nas políticas públicas, particularmente a través do urbanismo e a ordenación do territorio, influíndo sobre a ocupación das áreas de perigo.
O libro é unha introdución á formulación e aplicación a nivel estratéxico de políticas que afronten o risco, como un avance na integración das políticas actuais, incluíndo a xestión de emerxencias e a protección civil, a xestión ambiental, o desenvolvemento local ou a ordenación do territorio.
Os autores estudan e propoñen solucións que revisan as diferentes estratexias integradas dos distintos niveis da administración e toman en consideración:
- O papel central do concello na planificación da mitigación.
- A integración da mitigación nos obxectivos sociais, económicos e ambientais.
- A implicación de tódolos actores na planificación da mitigación.
- Evitar a perturbación das funcións ambientais.
- A necesidade de integrar a normativa dos niveis superiores da administración coa planificación cooperativa, para asegurar tanto a participación dos concellos como que o planeamento sexa sustentable.
- Cómpre mellorar os procesos participativos de toma de decisións para diferenciar entre clases e aplicacións, e responder efectivamente na xestión do risco.
- A percepción social do risco e a resposta debe ser unha parte integrante do proceso de planificación.
- Os procesos de exposición individual e colectiva aos perigos naturais deben ser comprendidos para previr unha exposición futura,
- Cómpre integrar o principio de precaución na xestión do risco, aínda que sometido a unha regulación comprensible, de modo que permita a toma de decisións.
- A gobernanza do risco urbano só pode entenderse no marco dos sistemas rexionais e biofísicos.
- A avaliación de impacto social é unha ferramenta que permite identificar de mellor modo as dimensións sociais do risco.
- A planificación debe ser considerada máis como un proceso ca un resultado.
- A recuperación posdesastre e a rehabilitación son unha oportunidade para a mitigación e a mellora dos asentamentos de poboación e das áreas urbanas.[1][2]