Virus Bundibugyo
Virus Bundibugyo (BDBV) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Virus membros (Abreviación) | |||||||||||
Bundibugyo virus (BDBV) |
O virus Bundibugyo (Bundibugyo virus, BDBV) é un ebolavirus pertencente á especie Ebolavirus Bundibugyo (Bundibugyo ebolavirus) do xénero Ebolavirus, familia Filoviridae, orde Mononegavirales. O Bundibugyo é o único "virus" da súa "especie" e un dos cinco ebolavirus coñecidos. É un parente estreito do máis coñecido e común virus Ebola (EBOV). O BDBV, igual que outros ebolavirus, causa unha enfermidade en humanos e (experimentalmente) en primates non humanos chamada febre hemorráxica do Ebola.
O BDBV considérase un axente selecto, un patóxeno do grupo de risco 4 da Organización Mundial da Saúde, que require bioseguridade de nivel 4, un patóxeno de categoría A dos NIH/Instituto Nacional da Alerxia e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos, e un axente de bioterrorismo de categoría A dos CDC dos Estados Unidos, e está na lista de axentes biolóxicos para o control da exportación do grupo Australia.
O virus describiuse en 2008 [1] e o seu nome procede do nome da cidade principal do distrito de Bundibugyo en Uganda, onde se descubriu.[2]
Designacións previas
[editar | editar a fonte]O virus Bundibugyo foi primeiramente presentado co nome Bundibugyo ebolavirus en 2008, pero este nome só se diferenciaba do da súa especie proposta nas cursivas que se usaban con esta (Bundibugyo ebolavirus).[1] Outro nome introducido ao mesmo tempo foi Uganda ebolavirus.[3] Algunhas publicacións tamén se refiren ao virus como unha nova "cepa" do virus Ebola[4] ou como Bundibugyo Ebola virus.[5] Inicialmente usáronse as abreviacións BEBOV (para Bundibugyo ebolavirus) e UEBOV (para Uganda ebolavirus),[3] antes de que se establecese a actual BDBV para Bundibugyo virus.[2]
Segundo as normas de nomenclatura do ICTV o nome do virus non se escribe con cursiva, pero si o da súa especie e outros taxons superiores.
Criterios de inclusión na especie e no virus
[editar | editar a fonte]Un ebolavirus pertence á especie Bundibugyo ebolavirus se cumpre os seguintes criterios:
- É endémico de Uganda.
- Ten un xenoma con tres solapamentos de xenes (VP35/VP40, GP/VP30, VP24/L).
- Ten unha secuencia xenómica diferente da do virus Ebola en ≥30%, pero diferente do do virus Bundibugyo en <30%.
Un virus da especie Bundibugyo ebolavirus é ademais un virus Bundibugyo se o seu xenoma diverxe do do prototipo Bundibugyo ebolavirus, Bundibugyo virus variante #811250 (BDBV/#811250) en ≤10% a nivel de nucleótidos.[2]
Enfermidade
[editar | editar a fonte]O BDBV é un dos catro ebolavirus que causa a enfermidade do virus Ebola en humanos (tamén chamada febre hemorráxica do Ebola). A doenza que causa non pode diferenciarse por observación clínica da causada polos outros ebolavirus.[4][5] O BDBV apareceu por primeira vez en agosto de 2007, cando se deu un gromo dunha febre hemorráxica vírica nas cidades de Bundibugyo e Kikyo no distrito de Bundibugyo no occidente de Uganda. As mostras de sangue dos casos sospeitosos foron enviados aos CDC dos Estados Unidos, onde se confirmou a presenza dun evolavirus en novembro de 2007, que nun exame máis profundo se viu que era un moi próximo, pero non idéntico, aos outros catro ebolaviruses coñecidos.[1][4] O gromo declarouse finalizado en febreiro de 2008.[4]
Posteriormente, a OMS informou dun segundo gromo en agosto de 2012 sospeitoso de ter infectado a 15 persoas e matado a 10 (incluíndo tres traballadores sanitarios) en Isiro, Pawa e Dungu, na provincia Oriental da República Democrática do Congo.[6] Dous dos casos foron confirmados como causados polo BDBV.[7] Informouse que a fonte de transmisión fora a carne de caza.[8] En setembro a OMS informou que o número de casos se elevaba xa a 28, con 8 casos confirmados, 6 probables e 14 sospeitosos, incluíndo 14 mortes;[9] días despois xa se estendera á localidade de Viadana.[10] As cifras totais finais anunciadas polas autoriadades da RD do Congo foron de 77 casos (36 confirmados, 17 probables e 24 sospeitosos) con 36 mortes.[11]
Ano | Localización xeográfica | Casos en humanos/mortes (taxa de mortalidade) |
2007–2008 | Distrito de Bundibugyo, Uganda | 116/39 (34%) |
2012- | Provincia Oriental, DRC | 77/36 (47%) |
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]A ecoloxía do BDBV non está clara e non se coñece cal é o seu hóspede reservorio nin como se introduciu nas poboacións humanas. Os morcegos son sospeitosos de albergalo porque tamén albergan outros filovirus relacionados como os virus Marburg (MARV) e Ravn (RAVV),[12] e porque se encontraron neles trazas de virus Ebola (EBOV).[13]
Bioloxía molecular
[editar | editar a fonte]O BDBV está basicamente sen caracterizar a nivel molecular. Porén, a súa secuencia xenómica, e con ela a súa organización xenómica e a conservación de marcos abertos de lectura individuais, é similar ao dos outros ebolavirus coñecidos (cun 58-61% de semellanza de nucleótidos).[1] Crese que os datos coñecidos do EBOV poden extrapolarse ao BDBV e que todas as proteínas do BDBV son análogas das do EBOV.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Grunberg, S. M. (1985). "Future directions in the chemotherapy of head and neck cancer". American journal of clinical oncology 8 (1): 51–54. PMID 2581435.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Kuhn, J. H.; Becker, S.; Ebihara, H.; Geisbert, T. W.; Johnson, K. M.; Kawaoka, Y.; Lipkin, W. I.; Negredo, A. I.; Netesov, S. V.; Nichol, S. T.; Palacios, G.; Peters, C. J.; Tenorio, A.; Volchkov, V. E.; Jahrling, P. B. (2010). "Proposal for a revised taxonomy of the family Filoviridae: Classification, names of taxa and viruses, and virus abbreviations". Archives of Virology 155 (12): 2083–2103. doi:10.1007/s00705-010-0814-x. PMC 3074192. PMID 21046175.
- ↑ 3,0 3,1 Kuhn, J. H. (2008). "Filoviruses. A compendium of 40 years of epidemiological, clinical, and laboratory studies". Archives of virology. Supplementum 20: 13–360. PMID 18637412.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Wamala, J. F.; Lukwago, L.; Malimbo, M.; Nguku, P.; Yoti, Z.; Musenero, M.; Amone, J.; Mbabazi, W.; Nanyunja, M.; Zaramba, S.; Opio, A.; Lutwama, J. J.; Talisuna, A. O.; Okware, S. I. (2010). "Ebola Hemorrhagic Fever Associated with Novel Virus Strain, Uganda, 2007–2008". Emerging Infectious Diseases 16 (7): 1087–1092. doi:10.3201/eid1607.091525. PMC 3321896. PMID 20587179.
- ↑ 5,0 5,1 MacNeil, A.; Farnon, E. C.; Wamala, J.; Okware, S.; Cannon, D. L.; Reed, Z.; Towner, J. S.; Tappero, J. W.; Lutwama, J.; Downing, R.; Nichol, S. T.; Ksiazek, T. G.; Rollin, P. E. (2010). "Proportion of Deaths and Clinical Features in Bundibugyo Ebola Virus Infection, Uganda". Emerging Infectious Diseases 16 (12): 1969–1972. doi:10.3201/eid1612.100627. PMC 3294552. PMID 21122234.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2014. Consultado o 21 de agosto de 2014.
- ↑ http://www.who.int/csr/don/2012_08_18/en/index.html
- ↑ http://allafrica.com/stories/201208240611.html
- ↑ http://www.who.int/csr/don/2012_09_05/en/index.html
- ↑ http://www.who.int/csr/don/2012_09_14/en/
- ↑ Centers For Disease Control. "Outbreak Postings". Centers for Disease Control. Consultado o 2014-07-11.
- ↑ Towner, J. S.; Amman, B. R.; Sealy, T. K.; Carroll, S. A. R.; Comer, J. A.; Kemp, A.; Swanepoel, R.; Paddock, C. D.; Balinandi, S.; Khristova, M. L.; Formenty, P. B.; Albarino, C. G.; Miller, D. M.; Reed, Z. D.; Kayiwa, J. T.; Mills, J. N.; Cannon, D. L.; Greer, P. W.; Byaruhanga, E.; Farnon, E. C.; Atimnedi, P.; Okware, S.; Katongole-Mbidde, E.; Downing, R.; Tappero, J. W.; Zaki, S. R.; Ksiazek, T. G.; Nichol, S. T.; Rollin, P. E. (2009). "Isolation of Genetically Diverse Marburg Viruses from Egyptian Fruit Bats". In Fouchier, Ron A. M. PLoS Pathogens 5 (7): e1000536. doi:10.1371/journal.ppat.1000536. PMC 2713404. PMID 19649327.
- ↑ Leroy, E. M.; Kumulungui, B.; Pourrut, X.; Rouquet, P.; Hassanin, A.; Yaba, P.; Délicat, A.; Paweska, J. T.; Gonzalez, J. P.; Swanepoel, R. (2005). "Fruit bats as reservoirs of Ebola virus". Nature 438 (7068): 575–576. Bibcode:2005Natur.438..575L. doi:10.1038/438575a. PMID 16319873.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arquivos e discusións do ICTVArquivado 07 de outubro de 2011 en Wayback Machine.