Bursaspor Basketbol
Bursaspor | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BSL / BCL |
Alcume | Timsahlar (crocodilos) |
Fundación | 2014 |
Cores | Verde, branco |
Presidente | Sezer Sezgin |
Adestrador | Vacante |
Localización | |
Cidade | Bursa, Turquía |
Pavillón | Tofaş Spor Salonu |
Capacidade | 7 500 |
bursaspor.org.tr |
O Bursaspor Basketbol é un club profesional de baloncesto turco con sede na cidade de Bursa. Actualmente xoga na Basketbol Süper Ligi (BSL), a máxima categoría do baloncesto turco, e na Basketball Champions League. Fundado en 2014, o club é a sección de baloncesto do club polideportivo Bursaspor. O equipo xoga os seus partidos como local no Tofaş Spor Salonu, recinto con capacidade para 7 500 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]A sección de baloncesto do Bursaspor foi fundada no ano 2014, comezando a súa andaina na terceira división turca. Na temporada 2018−19 consegue o ascenso á máxima categoría, a Basketbol Süper Ligi (BSL) apos gañaren o campionato da segunda división, a Türkiye Basketbol Ligi (TBL). Este fito produciuse despois de teren gañado 25 xogos e perderen tan só 5. Na temporada 2019−20, o club tivo un rendemento destacábel a pesar de ser un equipo debutante, ocupando o noveno lugar antes da cancelación da liga por mor da pandemia de COVID-19. Na temporada 2020−21 o equipo finaliza de novo en noveno lugar, conseguindo clasificarse para xogar a EuroCup. Ao ano seguinte o club consegue un dos seus principais fitos ao chegar á final da EuroCup, onde perderon ante a Virtus Bologna por 80–67 nun encontro disputado na propia Boloña. Unha vitoria neste partido teríalles permitido disputar na seguinte temporada a Euroliga. A nivel doméstico o seu mellor posto foi na temporada 2022−23, cando o equipo conseguiu finalizar en quinto lugar despois de teren gañado 17 encontros.[1]
Patrocinadores
[editar | editar a fonte]Por motivos de patrocinio o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Bursaspor Durmazlar (2016−2019)
- Frutti Extra Bursaspor (2019−2023)
Temporadas
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | División | Pos. | V–D | Copa | Competicións europeas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2017–18 | 2 | TBL | 2º | |||||
2018–19 | 2 | TBL | 1º | 25–5 | ||||
2019–20 | 1 | BSL | 9º | 11–12 | ||||
2020–21 | 1 | BSL | 9º | 13–17 | 2 EuroCup | RS | ||
2021–22 | 1 | BSL | 8º | 19–14 | 2 EuroCup | RU | ||
2022–23 | 1 | BSL | 5º | 17–15 | 2 EuroCup | 8F |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Frutti Extra Bursaspor". Eurobasket (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en turco)