Buscando vinganza
Aparencia
Buscando vinganza | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Stolen |
Director | Niall Johnson |
Produtor | Emily Corcoran |
Guión | Emily Corcoran Niall Johnson |
Música | Paul Lawler |
Fotografía | Alun Bollinger |
Montaxe | David Thrasher |
Estudio | Cork Films Head Gear Films Kreo Films FZ Metrol Technology MiriquidiFilm |
Distribuidora | ACE Entertainment |
Estrea | 2017 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | Reino Unido Nova Zelandia |
Xénero | Wéstern |
Na rede | |
Buscando vinganza (en inglés: The Stolen) é un filme de 2013 dirixido por Niall Johnson.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Durante o verán de 1882, Charlotte Locktown e o seu marido David, un rico matrimonio británico que se estabelece nunha illa ao sur de Nova Zelandia, fundan unha familia ao ter ao seu primeiro fillo. Uns meses despois, unha noite, tres descoñecidos entran na súa casa, matan a David e secuestran o seu neno. Devastada pero decidida, e ante a impotencia da policía, Charlotte decide atopar o seu fillo pola súa conta. Despois de recibir unha foto súa cunha demanda de rescate, participa na febre do ouro que se apodera do país para obter pistas que a conducirán ao home responsable da morte do seu marido e do secuestro do seu fillo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Alice Eve como Charlotte Lockton
- Graham McTavish como Bully
- Jack Davenport como Joshua McCullen
- Richard O'Brien como Russell
- Cohen Holloway como Hunter
- Gillian MacGregor como Heather
- Glen Levy como un bandido
- Mikaela Rüegg como Flamenco
- Stig Eldred como Klaus
- Stan Walker como Matai
- Lukas Hinch como David Lockton
- Emily Corcoran como Honey
- Ella Hope-Higginson como Betty
- Susannah Kenton como Mrs. Jones