Butch Johnson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Richard Andrew Johnson ![]() 30 de agosto de 1955 ![]() Worcester, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 27 de maio de 2024 ![]() Woodstock, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arqueiro ![]() |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() |
Deporte | tiro con arco ![]() |
Participou en | |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
2000 | Tiro com arco nos Jogos Olímpicos de Verão de 2000 - Equipes masculinas (pt) ![]() |
28 de xullo de 1996 | Tiro com arco nos Jogos Olímpicos de Verão de 1996 - Equipes masculinas (pt) ![]() ![]() |
![]() |
Richard Andrew "Butch" Johnson, nado o 30 de agosto de 1955 en Worcester, Massachusetts é un arqueiro norteamericano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Residente en Woodstock, no estado de Connecticut. Competiu nas olimpíadas cinco veces, e foi parte do equipo estadounidense que logrou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1996 e a de bronce nos do ano 2000. Comezou a destacar en competicións nacionais en 1973 ao gañar o campionato nacional en pista cuberta[1].
Olimpíadas de 1992
[editar | editar a fonte]Participou por primeira volta nuns xogos olímpicos en Barcelona 1992 con 36 anos, acabou 18º na competición individual e competiu tamén co equipo norteamericano canda Rick McKinney e Jay Barrs que quedou na sexta praza.
Olimpíadas de 1996
[editar | editar a fonte]Nas olimpíadas de 1996 de Atlanta gañou na medalla de ouro por equipos, con Justin Huish e Rod White. Na competición individual finalizou en décimo primeira posición.
Olimpíadas de 2000
[editar | editar a fonte]Xa na tempada anterior ás olimpíadas lograra nos campionatos mundiais de 1999 celebrados na localidade francesa de Riom a medalla de bronce en equipos, con Jay Barrs, Vic Wunderle e Jason McKittrick. Xa nas olimpíadas volveu repetir posto, o terceiro, en equipos desta volta con Rod White e Vic Wunderle. Na competición individual foi décimo noveno.
Olimpíadas 2004
[editar | editar a fonte]No xogos Olímpicos de 2004 eliminouno por sorpresa Ron van der Hoff con 135-145 na rolda 64ª, situándose no 52ª da clasificación individual masculina de tiro con arco. Máis tarde, quedou 4ª como membro do equipo norteamericano.
Olimpíadas de 2008
[editar | editar a fonte]No Xogos Olímpicos de 2008 celebrados en Pequín Johnson rematou na rolda de clasificación cun total de 653 puntos, que lle deu 40 para a competición final contra Andrey Abramov na primeira rolda. Ámbolos dous marcaron 109 puntos e tiveron unha rolda extra, na que Abramov marcou 25 puntos, mentres Johnson pasou para á seguinte fase, con 26 puntos. Enfrontouse con Im Dong-Hyun, que o superou 115-106.
Xunto con Brady Ellison e Vic Wunderle tamén tomou parte na competición por equipos. Cos seus 653 puntos da rolda de clasificación combinados cos 664 de Ellison e os 652 de Wunderle os norteamericanos quedaron en 10ª posición tras a rolda de valoración. Na primeira rolda non foron quen de superar o equipo da China Taipei que gañou o enfrontamento por 222-218[2].
Despois das Olimpíadas
[editar | editar a fonte]Foi segundo no Campionato Nacional de Tiro con arco de 2012 e logrou unha medalla de prata no a no 2012 Hoyt World Open, perdendo só co número un mundial, Brady Ellison. Traballa como responsable dunha tenda de material de tiro con arco[3]. Foi un dos colaboradores[4] do libro Archery. The Ultimate Resource for Recurve and Compound Archers editado en 2012 por USA Archery.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Richard "Butch" Johnson". TEAM USA
- ↑ "Lorig Fifth, Wunderle Sixth at 2008 Olympic Games".USAArchery. Outono 2008, p. 9
- ↑ "History & Staff" hallsarrow.com
- ↑ Ficha do libro en Worldcat
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Nados en 1955
- Nados en Worcester, Massachusetts
- Arqueiros olímpicos dos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América
- Arqueiros nos Xogos Olímpicos de 1992
- Arqueiros nos Xogos Olímpicos de 1996
- Arqueiros nos Xogos Olímpicos de 2000
- Arqueiros nos Xogos Olímpicos de 2004
- Medallistas olímpicos en tiro con arco