Cándida Otero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1846 Pontevedra, España |
Morte | 7 de marzo de 1915 (68 anos) Vigo, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo profesional |
Familia | |
Cónxuxe | Felipe Prósperi |
Fillos | non tivo |
Cándida Filomena Otero Fontán, nada en Pontevedra o 28 de outubro de 1846 e finada en Vigo o 7 de marzo de 1915, foi unha galega pioneira da fotografía profesional.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi a cuarta filla de Isidoro Otero de Dios e de Sebastiana Fontan Barcia. O 25 de setembro de 1869 casou na mesma igrexa na que fora bautizada, San Bartolomeu de Pontevedra, co italiano Felipe Prósperi (1817-1899), moito máis vello ca ela.[1] Instaláronse como fotógrafos, primeiro en Pontevedra, na rúa Parador, e despois en Vigo, na rúa Sombrereros, logo na rúa Triunfo e por último na rúa do Príncipe.
Á morte de Felipe, en 1899, Cándida Otero quedou á fronte do negocio como Viuda de Prósperi. Non tiveran fillos. En 1907 asociouse con Jaime Pacheco, levando a empresa o nome de Pacheco y vda. de Prósperi.[2]
O traballo do matrimonio Prosperi-Otero foi a orixe do que despois se deu en chamar Arquivo Pacheco.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bará, Milagros (5/8/2018). "Cándida Otero, la primera fotógrafa de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán).
- ↑ Padín Ogando, Fernanda. "Cándida Otero (1846-1915)"
- ↑ Sendón, Manuel; Suárez Canal, Xosé Luis (1990). Arquivo Pacheco, Álbum (en galego e inglés). Centro de Estudos Fotográficos. ISBN 84-404-8386-4..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González Martín, G. (1995). "Orígenes de la Fotografía en Vigo (1850-1880)" (PDF). Glaucopis (en castelán) (IEV) (1): 199–221. ISSN 1135-1810.
- ————————— (2012). "Más de medio siglo de fotografía en Vigo (1882-1936)" (PDF). Glaucopis (en castelán) (IEV) (17): 107–182. ISSN 1135-1810.
Prado, P. (2014). A lembranza do ollar (III): Filippo Prosperi e Cándida Otero CCG. |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "fotografaspioneiras" Fernanda Padín Ogando
- Do gris ao violeta Concello de Pontevedra.
- "Cándida Otero". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.