Cándido Sánchez Castiñeiras
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de decembro de 1941 (83 anos) Santiago de Compostela, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
17 de decembro de 1985 – 24 de agosto de 1993 | |
Senador de España | |
20 de novembro de 1977 – 31 de agosto de 1982 Circunscrición electoral: Lugo (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Cándido Sánchez Castiñeiras, nado en Santiago de Compostela o 11 de decembro de 1941, é un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato no Colexio Manuel Peleteiro en Santiago de Compostela. É licenciado en Medicina e Cirurxía pola Facultade de Medicina de Santiago. Pertence ao Corpo Médico da Sanidade Nacional e ao Corpo Médico da Mariña Civil.
Foi médico especialista na Escola Nacional de Sanidade e no Centro Nacional de Microbioloxía, Viroloxía e Inmunoloxía Sanitarias, Subxefe Provincial de Sanidade de Lugo en 1969, Xefe Provincial de Sanidade de Lugo entre 1971 e 1979, pasando despois a ocupar a Dirección de Saúde de Lugo. Foi profesor de Saúde Pública na Escola Universitaria de Enfermería de Lugo, presidente da Academia Médico Cirúrxica de Lugo, dende a súa fundación en 1973 ata 1977, vicepresidente da Comisión Delegada de UNICEF en Lugo de 1974 a 1995, vicepresidente da Asociación Española de Biopatoloxía Médica AEBM, presidente do Comité Técnico da Asociación Española Contra o Cancro AECC e académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
Actividade política
[editar | editar a fonte]Comezou a súa vida política en 1977, sendo elixido senador da UCD, pola provincia de Lugo, nas Cortes Constituíntes. Volveu ser elixido senador da UCD na I Lexislatura. Tomou parte nas negociacións das transferencias sanitarias á Xunta de Galicia. Foi o poñente do Documento ideolóxico no Congreso Constituínte de Coalición Galega celebrado en Vigo en 1985. Membro da Executiva Nacional de Coalición Galega e Presidente de Coalición Galega en 1990. Foi deputado por Lugo no Parlamento Galego nas lexislaturas 1985-1989 e 1989-1993 e portavoz Parlamentario en ámbalas lexislaturas. Foi concelleiro e tenente de alcalde no Concello de Lugo (1987-1991) e voceiro do Grupo municipal da Coalición Progresista Galega. O 24 de xuño de 1988 presentou unha moción no pleno do Concello de Lugo na que solicitaba que se iniciasen os trámites para que a Muralla de Lugo fora declarada Patrimonio da Humanidade. Foi deputado provincial na Deputación de Lugo e voceiro do Grupo Provincial de Coalición Galega na Deputación de Lugo (1987-91)
Obras
[editar | editar a fonte]- Necesidades de personal médico en Galicia, 1972.
- Concepto general y puesta en marcha de la Medicina Preventiva en el medio rural gallego, 1972.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Senadores por Lugo
- Deputados do Parlamento de Galicia por CG
- Médicos de Santiago de Compostela
- Nados en Santiago de Compostela
- Políticos de UCD
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Concelleiros de Lugo
- Deputados provinciais de Lugo
- Nados en 1941
- Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia