Cápsula articular glenoumeral

A cápsula articular glenoumeral é a cápsula articular da articulación glenoumeral, cubrindo por completo a articulación. Insírese na cavidade glenoide da escápula e no pescozo umeral. É máis delgada nas partes superior e inferior e, a diferenza doutras cápsulas articulares, non mantén os ósos pegados, senón que permite unha separación de ata 2,5 centímetros. A laxitude da cápsula permite que a articulación teña moita maior amplitude de movementos.
Está reforzada na zona superior polo músculo supraespiñal e na zona inferior polo tríceps braquial. Por detrás ten os tendóns do músculo infraespiñal e redondo menor. Por diante, ten o tendón do músculo subescapular. Todos estes reforzos musculares axudan a manter a articulación estable e ao mesmo tempo ter unha mobilidade moi elevada.
Aperturas
[editar | editar a fonte]A cápsula posúe tres aperturas:
- Unha anterior, por debaixo do proceso coracoide. Estabiliza a unión entre a articulación e a bolsa deslizante do músculo subescapular.
- Unha posterior, por debaixo do tendón do músculo infraespiñal, inconstante.
- Unha sobre o úmero, para o paso do tendón da porción longa do bíceps braquial.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.