Centro penitenciario de Teixeiro
Aparencia
(Redirección desde «Cárcere de Teixeiro»)
Centro penitenciario de Teixeiro | |
---|---|
![]() Porta do centro penitenciario | |
Coordenadas | 43°09′30″N 7°59′09″O / 43.158423, -7.985876Coordenadas: 43°09′30″N 7°59′09″O / 43.158423, -7.985876 |
[ editar datos en Wikidata ] |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3a/Centro_penitenciario_de_Teixeiro_A_Coru%C3%B1a3.jpg/220px-Centro_penitenciario_de_Teixeiro_A_Coru%C3%B1a3.jpg)
O centro penitenciario de Teixeiro é un cárcere situado no lugar de Paradela,[1] preto da vila de Teixeiro, no concello de Curtis, provincia da Coruña.
Entrou en servizo en 1998 e custou 7853 millóns de pesetas. Está situado nunha parcela de 343 000 m², con 86 430 m² construídos. O centro foi construído pola UTE de Ferrovial e deseñado polo arquitecto Francisco María Martín Carrero.[1]
Ten capacidade total para 1211 persoas (1008 internas, 86 no módulo de ingresos, saídas e tránsitos, 81 na enfermería e 36 no módulo de illamento), pero ten unha ocupación real duns 1782 presos e presas.[Cómpre referencia]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centro penitenciario de Teixeiro ![]() |
-
No Mapa Topográfico Nacional de España a escala 1:25.000
-
Na ortofotografía aérea de 2007.