Centro penal de Teixeiro
Centro penal de Teixeiro | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Porta do centro penitenciario | ||||
Tipo | centro penitenciario ![]() | |||
Epónimo | Teixeiro ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Curtis | |||
Parroquia | Foxado ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1998 ![]() | |||
[ Wikidata ] |

O centro penitenciario de Teixeiro é un cárcere situado no lugar de Paradela,[1] preto da vila de Teixeiro, no concello de Curtis, provincia da Coruña. É un dos cinco centros penitenciarios que funcionan en Galicia xunto co CP da Lama, o CP de Bonxe (Outeiro de Rei), CP de Monterroso e o CP do Pereiro de Aguiar (O Pereiro de Aguiar).
Entrou en servizo en 1998 e custou 7853 millóns de pesetas. Está situado nunha parcela de 343 000 m², con 86 430 m² construídos. O centro foi construído pola UTE de Ferrovial e deseñado polo arquitecto Francisco María Martín Carrero.[1]
Ten capacidade total para 1211 persoas (1008 internas, 86 no módulo de ingresos, saídas e tránsitos, 81 na enfermería e 36 no módulo de illamento), pero ten unha ocupación real duns 1782 presos e presas.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
No Mapa Topográfico Nacional de España a escala 1:25.000
-
Na ortofotografía aérea de 2007.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centro penal de Teixeiro ![]() |