Centro penitenciario da Lama
Centro penitenciario da Lama | |
---|---|
Vista xeral do complexo | |
Coordenadas | 42°24′21″N 8°27′15″O / 42.405833333333, -8.4541666666667 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O centro penitenciario da Lama é unha prisión situada no concello da Lama. En 2010 o seu director era José Antonio Gómez Novoa.
É un dos cinco centros penitenciarios que funcionan en Galicia xunto co CP de Bonxe (Outeiro de Rei), CP de Monterroso, o CP do Pereiro de Aguiar (O Pereiro de Aguiar), e o CP de Teixeiro (Curtis).
Historia e características
[editar | editar a fonte]Foi inaugurado en 1998. A súa construción, no lugar de Racelo, xunto a Ponte Verdugo, a 2 km do núcleo da Lama, deseñada por Francisco María Martín Carrero, foi levada a cabo pola UTE das construtoras San José e Abengoa, cun custo de 7575 millóns de pesetas. O recinto abrangue 361 430 m², dos cales 86 081 son edificacións.
Ten capacidade total para 1211 persoas (1008 internas, 86 no módulo de ingresos, saídas e tránsitos, 81 na enfermería e 36 no módulo de illamento), pero ten unha ocupación real duns 1800 presos e presas.
No centro está o Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (EPAPU) Nelson Mandela,[1] da que é director Juan Carlos Vilar Pérez.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Nelson Mandela también homenajea a Madiba", La Voz de Galicia, 7 de decembro de 2013 (en castelán).
- ↑ "Dar clase en el hospital o 'entre rejas'", La Opinión de A Coruña, 26 de decembro de 2017 (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El blog de la cárcel, realizado por internos do módulo 6 (en castelán).
- "A radio do módulo 6", proxecto de radio local levado a cabo por internos do módulo 8.
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |