Centro penitenciario do Pereiro de Aguiar
Aparencia
Centro penitenciario do Pereiro de Aguiar | |
---|---|
Vista xeral do complexo | |
Coordenadas | 42°18′01″N 7°45′16″O / 42.300257457243, -7.7545235994916 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O centro penitenciario do Pereiro de Aguiar é unha prisión situada no concello do Pereiro de Aguiar.[1] Atópase na parroquia de San Miguel de Calvelle. É un dos cinco centros penitenciarios que funcionan en Galicia xunto co CP da Lama, o CP de Bonxe (Outeiro de Rei), CP de Monterroso e o CP de Teixeiro (Curtis).
En 2024 o director do centro era Francisco González Pérez.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Inaugurouse en maio de 1987, coincidindo co peche da vella Prisión Provincial de Ourense.[3] Nos primeiros anos da década de 2020 o goberno de España investiu 3 millóns de euros para realizar melloras no centro penitenciario.[2] En 2024 contaba cuns 260 internos, dos cales 22 eran mulleres.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar - Ourense
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Eladio Santos destaca "o gran funcionamento do cárcere de Pereiro de Aguiar"". 3 de xullo de 2024. Consultado o 9 de xullo de 2024.
- ↑ "La vieja cárcel: memoria de la represión, 35 años en el olvido y la idea de sede institucional". Faro de Vigo. 5 de febreiro de 2022. Consultado o 9 de xullo de 2024.