Juan Carlos Vilar Pérez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1958 (66 anos) Cerponzóns, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | mestre, debuxante, balonmanista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | balonmán | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Paloma Vilar Iglesias |
Juan Carlos Vilar Pérez, nado en Cerponzóns (Pontevedra) o 4 de decembro de 1958, é un profesor e debuxante galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Deu clases a adultos no cárcere da Parda e desde o seu peche no Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (EPAPU) Nelson Mandela do Centro penitenciario da Lama[1], da que é director[2]. Xogou na SD Teucro entre 1978 e 1984.[3]
Como debuxante ten formación autodidacta, en base a gravados de grandes pintores. Comezou debuxando a lapis e carboncillo, e a súa técnica derivou ao gouache, tinta chinesa e acrílico. Ten un estilo realista, e os seus cadros adoitan recrear paisaxes urbanas e naturezas mortas[4], recreándose nos pequenos detalles[5]
Comezou expoñendo de forma colectiva en 1974 no Liceo de Vilagarcía de Arousa. En 1982 fixo a súa primeira exposición individual na Sala Albatros de Pontevedra, e en 1995 expuxo no Teatro Principal da mesma vila. En 1986 foi seleccionado no certame Novos Valores do Museo de Pontevedra.
Ilustrou o libro de Pepy G. Clavijo Pontevedra, de los nombres propios de las calles (1996), así como a súa reedición Las calles de Pontevedra (2008).
Premios
[editar | editar a fonte]- 1º Premio I Sala de Pintura Joven de Galicia (Vilagarcía de Arousa, 1974)
- 2º Premio no Concurso de Ilustración da ACUP (Palencia, 1992)
- 1º Premio no Certame de Artes Plásticas do Casino Mercantil e Industrial (Pontevedra, 1994)
- Mención de Honra no III Concurso de Debuxo José Méndez Ruíz (Librilla, 1996)
- Mención de Honra no IV Concurso de Debuxo José Méndez Ruíz (Librilla, 1997)
- Seleccionado no Premio Nacional de Debuxo Antonio del Rincón (Deputación de Guadalajara, 1994 e 1996)
- Seleccionado no XXVII Concurso Internacional de Pintura, Escultura e Debuxo (Quesada, 1997)
- 2º Premio no Concurso de Pintura Alfonso Iglesias (Bueu, 2000)[6]
- Finalista no Premio de Debuxo Provincia de Guadalajara (2007)
- Seleccionado no XI Certame de Arte José Lapayese Bruna (Comarca del Jiloca, 2009)
- Seleccionado no IL Concurso Internacional de Debuxo da Fundación Ynglada-Guillot (Barcelona, 2011)
- 1º Premio no XVIII Certame Nacional de Debuxo Felipe Orlando (Benalmádena, 2017)
- 1º Mención de Honra no XVII Certame de Acuarela Ciudad de Benalmádena (2017)
- 2º Premio II Concurso Nacional de Pintura e Debujo Una mirada crítica y científica a la educación de las niñas (Universidade de Sevilla, 2017)[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Nelson Mandela también homenajea a Madiba", artigo en La Voz de Galicia, 7 de decembro de 2013 (en castelán).
- ↑ "Dar clase en el hospital o 'entre rejas'", artigo en La Opinión de A Coruña, 26 de decembro de 2017 (en castelán).
- ↑ Rascado, T. (1995): Sociedad Deportiva Teucro. Cincuenta años de historia. Deputación de Pontevedra. ISBN 9788488363591
- ↑ “Farrapos”: Exposição de Pintura a Guache e Tinta da China, na web da Cámara Municipal de Vila do Conde, 5 de maio de 2017 (en portugués).
- ↑ "Exposición pictórica de Juan C. Vilar" Arquivado 10 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., crítica de Ramón Rozas no boletín dixital do Casino de Pontevedra, novembro de 2015.
- ↑ "Premios y ovnis", artigo en La Voz de Galicia, 10 de xaneiro de 2001 (en castelán).
- ↑ "Fallado el II Concurso Nacional de Pintura y Dibujo: ‘Una mirada crítica y científica a la educación de la niñas’" Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine., artigo en Canal Ciencia, 9 de novembro de 2017 (en castelán).