Saltar ao contido

Cárdidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os cárdidos (Cardiidae) son unha familia de moluscos bivalvos da orde Veneroida. As valvas distínguense pola súa simetría, forma acorazonada e as fortes e pronunciadas costelas lonxitudinais. As súas cunchas son comúns en moitas praias do mundo.

Aliméntanse, como tódolos bivalvos, bombeando auga e filtrando plancto. A cuncha do molusco ábrese para permitir a saída dos sifóns (inhalante e exhalante) e do pé, que lles permite enterrarse no substrato, preto da superficie da auga; algunhas especies son capaces de 'saltar' por pulo do seu pé.

Son predados por diferentes especies de peixes mariños.