Cédric Vasseur
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1970 (54 anos) Hazebrouck, Francia | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo en ruta | |||||||||||||||||||||||||
Disciplina deportiva | ciclismo en ruta | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||||||||
2007 | UCI ProTour 2007 (98º) | |||||||||||||||||||||||||
2005 | UCI ProTour de 2005 (pt) (160º) | |||||||||||||||||||||||||
2003 | 2003 UCI Road World Rankings (en) (40º) | |||||||||||||||||||||||||
2002 | 2002 UCI World Road Rankings (en) (73º) | |||||||||||||||||||||||||
1997 | Q53844932 (39º) | |||||||||||||||||||||||||
Tour de Francia | ||||||||||||||||||||||||||
Vuelta a España | ||||||||||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||||||||
Pai | Alain Vasseur | |||||||||||||||||||||||||
Cédric Vasseur, nado o 18 de agosto de 1970 en Hazebrouck, é un ciclista francés profesional.
Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]Debutou como profesional en 1994 no equipo Novemail. A súa primeira vitoria profesional obtívoa no Tour de 1997, xa coa camisola do Gan, logo dunha escapada en solitario. Grazas a esa vitoria vestiu o maillot amarelo durante 5 días. Despois fichou sucesivamente polo Crédit Agricole (1998), polo US Postal (2000), e polo Cofidis (2002).
Correndo con este conxunto viuse envolto no caso Cofidis, na que se viron implicados en delitos de dopaxe diversos corredores. Vasseur nunca recibiu ningún positivo, pero foi investigado e posteriormente declarado inocente. Despois deste proceso, fichou polo Quick Step co que obtivo a súa segunda vitoria no Tour de Francia, no ano 2007, logo dunha escapada dun conxunto de 11 ciclistas que se resolveu ao esprín.
É o fillo de Alain Vasseur, un antigo ciclista francés que tamén conseguira unha vitoria no Tour de Francia (1970).
Principais éxitos
[editar | editar a fonte]No decurso da súa longa carreira, Vasseur conseguiu diversas vitorias, entre as que destacan:
- 2 tiradas do Tour de Francia (1997 e 2007)
- A París-Corrèze de (2003)
- A Volta ao Hesse de 2003
- A medalla de bronce no campionato de Francia de ciclismo en estrada en 1999.