Célia Xakriabá
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt-br) Célia Nunes Correa 10 de maio de 1989 (35 anos) São João das Missões, Brasil (pt) |
Outros nomes | Célia Xakriabá |
Grupo étnico | Xacriabás (pt) |
Ideoloxía política | Feminismo indígena (pt) |
Educación | Universidade de Brasília (pt) - Desenvolvemento sustentábel (2016–2018) Escola Indígena Estadual Xukurank (pt) - educação básica (pt) Universidade Federal de Minas Gerais - Educação indígena (pt) Universidade Federal de Minas Gerais - antropoloxía |
Actividade | |
Ocupación | política, activista |
Partido político | Partido Socialismo e Liberdade |
Célia Nunes Correa, nada en 1990, máis coñecida como Célia Xakriabá [ˈsɛ.li.ɐ ʃɐˌkɾi.ɐˈba], é unha educadora e activista indíxena do Brasil pertencente ó pobo xakriabá. É coñecida por promover, entre outras cousas, o avance no status e os dereitos das mulleres indíxenas, os dereitos das terras indíxenas e a educación indíxena.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xakriabá naceu no concello de São João das Missões no estado brasileiro de Minas Xerais. Asistiu á Escola Estatal Indíxena Xukurnuk.[3] Posteriormente, foi alumna e mestra de educación indíxena na Universidade Federal de Minas Gerais en 2013.[1] Xakriabá conseguiu o seu mestrado en educación pola Universidade de Brasilia en 2018.[4] É a primeira membro da súa tribo en obter un graduado.[5]
Xakriabá foi activista dos dereitos indíxenas dende os 13 anos de idade.[6]
Carreira educativa
[editar | editar a fonte]En 2015, Xakriabá converteuse na primeira persoa de ascendencia indíxena no Departamento de Educación de Minas Xerais.[4][7] Estivo nese posto dende 2015 até 2017.[3] Xakriabá declarou que a educación da mocidade indíxena no Brasil non é axeitada porque non se lles ensina sobre os dereitos da súa terra nin sobre a súa historia.[8] Tamén dixo que na educación occidental todo o coñecemento provén do mestre, pero que na educación indíxena todo o mundo comparte o seu coñecemento.[8]
Dende 2017, Xakriabá participou en numerosas conferencias e debates en universidades do Brasil centrándose nos dereitos indíxenas, promocionando a educación indíxena[5] e na revitalización das linguas nativas do Brasil.[9]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Xakriabá opúxose a un proxecto de lei proposto na Asemblea Lexislativa de Minas Gerais que prohibiría ós falantes levar tocados ou traxes "extravagantes". Ela dixo que este proxecto de lei tiña como obxectivo limitar a visibilidade dos falantes nativos.[10] En febreiro de 2019, uniuse ao consello asesor para a representante do Partido Socialismo e Liberdade, Áurea Carolina, de Minas Xerais.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Garonce, Luiza (27 de marzo de 2018). "Não é privilégio, é dívida histórica', diz professora indígena sobre demarcação de terras no Brasil". G1 (en portugués). Consultado o 27 de xullo de 2019.
- ↑ Alberti, Mia (25 de abril de 2019). Al Jazeera, ed. "'Now belongs to us': Women take lead in Brazil's indigenous fight". Consultado o 28 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "Servidora indígena na Secretaria de Educação". Coleguium: Rede de Ensino (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2018. Consultado o 27 de xullo de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Darverson, Julyerme (27 de marzo de 2018). Brasília Encontro, ed. ""Vivemos um momento de retrocesso", diz professora e ativista indígena Célia Xakriabá" (en portugués). Consultado o 27 de xullo de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 Rabelo, Nair (9 de agosto de 2018). UnB Notícias, ed. "UnB recebe estudantes com palestra de Célia Xakriabá" (en Portuguese). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Giving Compass, ed. (10 de xuño de 2019). "Women Take the Lead in the Fight for Indigenous Rights in Brazil". Consultado o 28 de xullo de 2019.
- ↑ "Primeira indígena na Secretaria de Educação de Minas Gerais faz panorama do papel da mulher na defesa dos povos indígenas". APIB (en portugués). 26 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2019. Consultado o 28 de xullo de 2019.
- ↑ 8,0 8,1 Damázio, Malú (17 de xullo de 2017). Hoje Em dia, ed. "Representante de indígenas na Educação defende modelo diferenciado de aprendizagem" (en portugués). Consultado o 27 de xullo de 2019.
- ↑ Alves, Guilherme (28 de marzo de 2018). UnB Notícias, ed. "Líder indígena defende preservação cultural de povos tradicionais" (en portugués). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Falabella, Cida (18 de abril de 2019). Gabinetona, ed. "A quem interessa barrar o uso de um cocar?" (en portugués). BHAZ. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2019. Consultado o 27 de xullo de 2019.
- ↑ "Áurea Carolina - Respeito à cultura indígena (Video)". Facebook (en portugués). 19 de abril de 2019. Consultado o 27 de xullo de 2019.