Saltar ao contido

Célula delta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Célula D»)
Control da secereción ácida estomacal.

As células delta (células δ) ou células D[1] son células produtoras de somatostatina, que se encontran nas paredes do estómago e intestino e nos illotes de Langerhans do páncreas.

No estómago atópanse no antro e fondo. Nos roedores as células delta do páncreas están localizadas na periferia dos illotes de Langerhans, pero nos humanos a arquitectura dos illotes está xeralmente menos organizada e as células delta poden aparecer tamén na parte central do illote.

Vistas con microscopio electrónico, as células delta poden identificarse como células máis pequenas e con gránulos algo máis compactos ca as células beta dos illotes. Os gránulos das células D no estómago son redondos, duns 350 nm de diámetro, cunha porción central finamente granular e densidade electrónica media[2].

As células delta conteñen receptores de colecistoquinina B ou CCKBR (que responden á gastrina), que aumentan a liberación de somatostatina, e receptores M3 (que responden á acetilcolina), que fan decrecer a liberación de somatostatina das células delta.

O péptido intestinal vasoactivo (VIP) actúa sobre as células delta causando unha maior liberación de somatostatina.

Importancia clínica

[editar | editar a fonte]

Os tumores de células delta denomínanse "somatostatinomas".

Secreción

[editar | editar a fonte]

A hormona somatostatina producida polas células delta e por algunhas neuronas é unha hormona peptídica de efectos inhibitorios. Inhibe a liberación da hormona do crecemento, da TSH e das hormonas gastrointestinais, e das pancreáticas insulina e o glicagón, e inhibe a adenilciclase das células parietais do estómago. Contribúe a diminuír o baleiramento gástrico, e reduce o peristaltismo e fluxo sanguíneo intestinal, e a secreción exócrina pancreática.

  1. MeSH D+cell
  2. D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 655. ISBN 84-7605-361-4