Célula cesta
As células cesta son interneuronas inhibitorias GABAérxicas do encéfalo, atopadas en diferentes rexións do córtex cerebral e no cerebelo.[1]
Anatomía e fisioloxía
[editar | editar a fonte]As células cesta son inteneuronas GABAérxicas multipolares que funcionan establecendo sinapses inhibitorias e controlando os potenciis globais das células diana. En xeral, as dendritas das células cesta ramifícanse libremente, conteñen espiñas lisas e esténdense de 3 a 9 mm. Os axóns están moi ramificados, e acadan de 20 a 50 mm de lonxitude total. Ás arborizacións axonais ramificadas débese o nome desta células, xa que parecen cestas que rodean o soma das células diana.[2] As células cesta forman sinapses axo-somáticas, o que significa que as súas sinapses conectan cos somas doutras células.[3] Ao controlaren o soma doutras neuronas, as células cesta poden controlar directamente a taxa de descarga do potencial de acción das células diana.[4]
As células cesta poden encontrarse en moitas partes do encéfalo, entre outras no córtex, hipocampo, amígdala, ganglios basais e cerebelo.
Córtex
[editar | editar a fonte]No córtex, as células cesta teñen axóns escasamente ramificados dos que emerxen pequenas formacións pericelulares con forma de cesta a diversos intervalos ao longo da súa lonxitude. As células cesta constitúen o 5-10 % das neuronas totais no córtex.[5] Hai tres tipos de células cesta no córtex, os tipos pequeno, grande e en niño:[6] O axón da célula cesta peqiena é curto e arborízase aproximadaente no rango dendrítico desa mesma célula. En contraste, as células cesta grandes innervan somas en diferentes columnas corticais debido ao seu longo axón.[5] As células cesta niño son unha forma intermedia entre as pequenas e as grandes, e os seus axóns están confinados principalmente na mesma capa cortical que os seus somas. As células cesta niño teñen "colaterais axonais que irradian" entre as das células cesta grandes e pequenas. Son consideradas células cesta porque son interneuronas que realizan sinapses axo-somáticas.[5]
Hipocampo
[editar | editar a fonte]As células cesta do hipocampo teñen como diana somas e dendritas proximais de neuronas piramidais. Igual que as súas homónimas do córtex,[7] as células cesta do hipocampo son tamén células que expresan a parvalbumina e teñen picos rápidos de potencial de acción. Na rexión CA3 do hipocampo, as células cesta poden a miúdo formar bucles de inhibición rocorrentes coas células piramidais.[8] As proxeccións enviadas polas células piramidais innervan as células cesta, as cales á súa vez envían proxeccións de volta ás células piramidais orixinais. Como as células cesta son inhibitorias, isto xera un bucle pechado que axuda a suavizar as respostas excitatorias.
Cerebelo
[editar | editar a fonte]No cerebelo as células cesta multipolares teñen dendritas ramificadas, que son dilatadas e nodosas. As células cesta fan sinapse en corpos celulares de células de Purkinje e establecen sinapses inhibitorias. Os axóns das células cesta cerebelares liberan neurotransmisores inhibitorios como o GABA nos axóns de células de Purkinje, e inhibe a célula de Purkinje.[9] As células de Purkinje envían mensaxes inhibitorias aos núcleos cerebelares profundos e son responsables da única saída da coordinación motora do córtex cerebelar. Co funcionamento das células cesta, as células de Purkinje non envían a resposta inhibitoria da coordinación motora e ocorre o movemento motor.[10]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Microcircuitería do cerebelo. As sinapses excitatorias denótanse como (+) e as inhibitorias como (-). As células cesta están indicadas como BC.
-
Cerebelo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jones, Edward (1984). Cerebral Cortex: Volume 1: Cellular Components of the Cerebral Cortex. Springer. ISBN 978-0-306-41544-9.
- ↑ "Stahl's Essential Pharmacology". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2017. Consultado o 07 de marzo de 2024.
- ↑ Jones, EG; Hendry, SHC (1984). "Basket cells". En Peters, A; Jones, EG. Cerebral cortex: cellular components of the cerebral cortex. New York: Plenum Press. pp. 309–34.
- ↑ Cobb, S. R.; Buhl, E. H.; Halasy, K.; Paulsen, O.; Somogyi, P. (1995). "Synchronization of neuronal activity in hippocampus by individual GABAergic interneurons". Nature 378 (6552): 75–8. Bibcode:1995Natur.378...75C. PMID 7477292. doi:10.1038/378075a0.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Wang, Y.; Gupta, A; Toledo-Rodriguez, M; Wu, C. Z.; Markram, H (2002). "Anatomical, Physiological, Molecular and Circuit Properties of Nest Basket Cells in the Developing Somatosensory Cortex". Cerebral Cortex 12 (4): 395–410. PMID 11884355. doi:10.1093/cercor/12.4.395.
- ↑ Fox, Kevin. Barrel Cortex. Cambridge University Press. pp. 55–6.
- ↑ Contreras, Diego (2004). "Electrophysiological classes of neocortical neurons". Neural Networks 17 (5–6): 633–46. PMID 15288889. doi:10.1016/j.neunet.2004.04.003.
- ↑ Bryne, John. "Feedback/recurrent inhibition: Feedback inhibition in microcircuits". Neuroscience Online. University of Texas Health Center. Arquivado dende o orixinal o 2013-12-03. Consultado o 2013-07-27.
- ↑ Southan, A. P.; Robertson, B (1998). "Patch-clamp recordings from cerebellar basket cell bodies and their presynaptic terminals reveal an asymmetric distribution of voltage-gated potassium channels". The Journal of Neuroscience 18 (3): 948–55. PMID 9437016.
- ↑ Tan, Y. P.; Llano, I. (1999). "Modulation by K+channels of action potential-evoked intracellular Ca2+ concentration rises in rat cerebellar basket cell axons". The Journal of Physiology 520: 65–78. PMC 2269558. PMID 10517801. doi:10.1111/j.1469-7793.1999.00065.x.