Célula de Boettcher
As células de Boettcher son células poliédricas que se encontran na membraba basilar da cóclea ou caracol do oído, situadas por debaixo das células de Claudius.[1] As células de Boettcher considéranse células de soporte para o órgano de Corti do oído, e só se encontran no xiro inferior da cóclea. Estas células teñen núcleos esféricos grandes, están entrelazadas unhas con outras e, e proxectan microvilli no espazo intercelular.
Debido á súa especialización estrutural, crese que as células de Boettcher desempeñan un papel significativo na función da cóclea. Presentan niveis elevados de calmodulina, e poden estar implicadas na mediación da regulación do Ca2+ e no transporte iónico.
A oxido nítrico sintase detéctase en abundancia no citoplasma das súas interdixitacións. A súa ultraestrutura suxire que levan a cabo tanto funcións secretoras coma absorbentes. Tamén expresan o Panx1.[2]
As células de Boettcher reciben ese nome polo patólogo alemán Arthur Boettcher, tamén escrito Böttcher (1831-1889).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kanazawa, A.; Sunami, K.; Takayama, M.; Nishiura, H.; Tokuhara, Y.; Sakamoto, H.; Iguchi, H.; Yamane, H. (2004). "Probable function of Boettcher cells based on results of morphological study: localization of nitric oxide synthase.". Acta Otolaryngol Suppl (554): 12–6. PMID 15513504. doi:10.1080/03655230410018444.
- ↑ Wang XH, Streeter M, Liu YP, Zhao HB (2009). "Identification and characterization of pannexin expression in the mammalian cochlea". J. Comp. Neurol. 512 (3): 336–46. PMC 2630187. PMID 19009624. doi:10.1002/cne.21898.