Célula decidual
As células deciduais son as células que forman parte da decidua do endometrio uterino, formada na fase secretora ou luteínica do ciclo menstrual e pouco antes e durante a implantación do embrión. Antes de que o ovocito fecundado chegue ao útero, a mucosa do corpo do útero sofre importantes cambios e transfórmase no que se chama a decidua. O grosor e vascularidade da mucosa aumentan moito; as súas glándulas alónganse e ábrense na súa superficie libre por orificios con forma de funil, mentres que as súas porcións máis profundas son tortuosas e dilatadas en espazos irregulares. O tecido interglandular aumenta en cantidade e está ateigado de células grandes redondas, ovais ou poligonais denominadas células deciduais.[1] O seu agrandamento é debido á acumulación de glicóxeno e lípidos no citoplasma o que permite que estas células proporcionen unha rica fonte de nutrición para o desenvolvemento do embrión. As células deciduais pénsase que controlan a invasión do endometrio por células trofoblásticas.[2]
Experimentalmente, as células estromáticas endometriais humanas poden ser decidualizadas en cultivo usando análogos do AMP cíclico (AMPc) e proxesterona. As células cambian a un fenotipo decidualizado e mostran regulación á alza de marcadores comúns da decidualización, como a prolactina e o IGFBP1.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kearns, M; Lala, PK (marzo de 1983). "Life history of decidual cells: a review". American Journal of Reproductive Immunology 3 (2): 78–82. PMID 6344664. doi:10.1111/j.1600-0897.1983.tb00219.x.
- ↑ Li, H; Huang, Q; Liu, Y; Garmire, LX (decembro de 2020). "Single cell transcriptome research in human placenta.". Reproduction 160 (6): R155–R167. PMC 7707799. PMID 33112783. doi:10.1530/REP-20-0231.
- ↑ Gellersen, Birgit; Brosens, Ivo; Brosens, Jan (2007-11-01). "Decidualization of the Human Endometrium: Mechanisms, Functions, and Clinical Perspectives". Seminars in Reproductive Medicine (en inglés) 25 (6): 445–453. ISSN 1526-8004. PMID 17960529. doi:10.1055/s-2007-991042.
Este artigo incorpora texto en dominio público da páxina 59 da 20ª edición de "Gray's Anatomy" (1918).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Imaxe de Histoloxía: 19905loa – Histology Learning System na Universidade de Boston - "Female Reproductive System: placenta, decidual cells"
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |