Célula xigante de Langhans
As células xigantes de Langhans (tamén chamadas células de Pirogov-Langhans [1]) son células grandes que se encontran en enfermidades que producen granulomas (nódulos con macrófagos e microbios, que se forman en tecidos inflamados).
Orixínanse pola fusión de células epitelioides (macrófagos), e conteñen moitos núcleos dispostos formando un patrón de ferradura de cabalo na periferia da célula.[2]
Aínda que tradicionalmente a súa presenza estaba asociada coa tuberculose, non son específicas desta doenza nin de infeccións por micobacterias, xa que poden atoparse en case calquera forma de enfermidade granulomatosa, independentemente da súa etioloxía.
No caso da tuberculose parece que todas as especies de micobacterias inducen a formación de granulomas, pero só as da especie Mycobacterium tuberculosis desencadean a fusión dos macrófagos en células xigantes multinucleadas de Langhans, que non poden fagocitar á bacteria, por iso esta persiste moito tempo nos granulomas.[3]
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]As células xigantes de Langhans recibiron ese nome polo seu descubridor, o patólogo alemán Theodor Langhans (1839–1915).[4]
Non deben confundirse coas células de Langerhans, de nome parecido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historical reference: giant multinuclear cells in tubercular granuloma". PMID 16405098.PMID 16405098
- ↑ "Pulmonary Pathology". Consultado o 13-12-2011.
- ↑ Lay G, Poquet Y, Salek-Peyron P, Puissegur MP, Botanch C, Bon H, Levillain F, Duteyrat JL, Emile JF, Altare F. Langhans giant cells from M. tuberculosis-induced human granulomas cannot mediate mycobacterial uptake. J Pathol. 2007 Jan;211(1):76-85. [1]
- ↑ Pritchard J, Foley P, Wong H (2003). "Langerhans and Langhans: what's misleading in a name?". Lancet 362 (9387): 922. PMID 13678997. doi:10.1016/S0140-6736(03)14323-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- MeshName - Langhans+giant+cells [2]
- Histology at ohio-state.edu
- Histology at jhu.edu Arquivado 11 de xullo de 2010 en Wayback Machine.