Saltar ao contido

César Barja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCésar Barja
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1890 Editar o valor en Wikidata
Trasparga, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xuño de 1951 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, crítico literario, profesor universitario, romanista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Membro de

Galiciana: 237407 BNE: XX1198871 BUSC: barja-cesar-1890-1951

César Barja Carral, nado en Trasparga (Guitiriz) o 1 de outubro de 1890 e finado nos Ánxeles o 17 de xuño de 1951, foi un escritor e crítico literario galego.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e logo na de Madrid, onde se licenciou en 1912 e onde se doutorou en 1915. A Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas outorgoulle unha bolsa para estudar filosofía na Universidade de Leipzig (1912-1914) e logo doutorouse na de Harvard (1916-1917). Ó seu remate aceptou unha oferta como profesor de español no Connecticut College e despois como profesor da mesma lingua na Universidade de Míchigan (1920-1921). Despois foi profesor auxiliar do Smith College (1921-1924) e lector da Universidade de California, e pasou a profesor asociado en 1927 e titular en 1930. Recibiu a nacionalidade norteamericana en 1931. Foi tamén catedrático de italiano entre 1941 e 1942. Elixido membro correspondente da Real Academia Española en 1947, en 1949 tamén foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.

Escribiu tres libros de crítica literaria que constitúen, de feito, unha historia da literatura española en tres tomos desde os seus inicios: Libros y autores clásicos (1922), Libros y autores modernos (1925) e Libros y autores contemporáneos (1935). En 1926 publicou En torno al lirismo gallego del siglo XIX. Tamén colaborou en revistas con numerosos artigos e dirixiu a revista Modern Language Forum de 1934 a 1937. Publicou dous modestos volumes de poesía. Tamén traduciu obras de dereito de alemán, por exemplo de Viktor Cathrein.

  • Rosas y espinas místicas (Madrid, 1921).
  • Libros y Autores Clásicos (1922).
  • Rosalía de Castro (Nova York, 1923)
  • Libros y Autores Modernos (1925).
  • Libros y Autores Contemporáneos (1935).
  • En torno al lirismo gallego del siglo XIX (1926).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • H. Corbató, C. Epling, M. A. Zeitlin, Obituary of César Barja, Spanish and Portuguese: Los Angeles, pp. 1–5.