César Poza González
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1976 (48 anos) Figueirido, España |
Alcalde de Vilaboa | |
20 de agosto de 2020 – ← Francisco Costa Fernández | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
César Poza González, nado en Figueirido (Vilaboa) o 25 de abril de 1976, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou os estudos de Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nas eleccións municipais de 2007 foi elixido concelleiro de Vilaboa.[1] Nas seguintes eleccións volveu ser concelleiro. Foi secretario xeral dos socialistas de Vilaboa. O 4 de agosto de 2020 o alcalde Francisco Costa Fernández anunciou a súa dimisión por motivos persoais,[2] e César Poza foi elixido alcalde o 20 de agosto.[3][4]
O 28 de maio de 2023 foi reelexido por maioría absoluta, sendo o primeiro alcalde reelexido por maioría absoluta en 28 anos.[5]
Predecesor: Francisco Costa Fernández |
Alcalde de Vilaboa 2020 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "«Sempre fun unha persoa con inquedanzas sociais»", La Voz de Galicia, Pontevedra, 8-5-2007, p. 5.
- ↑ El alcalde de Vilaboa, Francisco "Kiko" Costa, deja el cargo por motivos personales
- ↑ "Los socialistas de Vilaboa proponen a César Poza como candidato a alcalde". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2020.
- ↑ O pleno de Vilaboa escollerá este xoves ao seu novo alcalde
- ↑ "César Poza (PSOE), alcalde de Vilaboa: «Queríamos que los vecinos confiasen en mí, esta cercanía es muy importante»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-05-30. Consultado o 2024-12-02.