César Sánchez Sánchez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1912 Sobrado, España |
Morte | 28 de maio de 1938 (25/26 anos) Xixón, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | maquis, ebanista |
César Sánchez Sánchez, nado en Sobrado (Melias, Coles) cara a 1912 e finado en Xixón o 28 de maio de 1938, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido no monte. Capitaneou un grupo armado do Barco de Valdeorras. Cando a Garda Civil controlou o concello, fuxiu a Asturias. Alistouse voluntario nun batallón de Transmisións. Coa caída de Asturias foi detido. Xulgado en Xixón foi condenado a pena de morte. Foi fusilado en Xixón o 28 de maio de 1938.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gallegos fusilados en Gijón.". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2022. Consultado o 07 de xullo de 2022.