César Terrón Abad
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 Fabeiro, España |
Morte | 21 de xullo de 1940 (24/25 anos) A Veiga de Espiñareda, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Irmáns | Eloy Terrón Abad |
César Terrón Abad, nado en Fabeiro (O Bierzo) en 1915 e finado en Vilar de Outeiro (A Veiga de Espiñareda) o 21 de xullo de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante do Sindicato único mineiro (SUM) da CNT, era o tesoureiro da CNT de Fabeiro. O 19 de xullo de 1936 formou parte do Comité de defensa organizado en Vilafranca do Bierzo. Durante a guerra foi capitán da compañía de metralladores do Batallón 210 comandado por Higinio Carrocera. Logo da caída da fronte norte formou un grupo guerrilleiro con libertarios, maioritariamente do Batallón 210. Entre os membros do grupo estaban Eusebio García García, Ramiro Pérez Granja, Antonio Vega Guerrero, Joaquín Lage Fernández, Amadeo Ramón Valledor, Brindis Mauriz Rodríguez, Florentino Rodríguez Pico, Dalmiro e Gerardo Lamas Cerezales, Gerardo Lamas Mauriz, Gerardo González Ochoa, José Vázquez Gómez, Luís Martínez Rodríguez e tamén durante un breve período o irmán de César, Eloy Terrón Abad. Actuaron nas zonas de Fabeiro e os Ancares, e estenderon o radio de acción até Asturias e Lugo. Executaron o 30 de agosto de 1938 a Juan Álvarez García, o cura de Fresnedo. Foron localizados por unha patrulla de gardas civís e policías armados en Vilar de Outeiro (A Veiga de Espiñareda) o 21 de xullo de 1940, Cesar Terrón recibiu un disparo na cabeza e morreu instantaneamente, mentres o resto do grupo logrou fuxir.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 131–132. ISBN 84-8485-231-8.