Código de cores de 25 pares
O código de cores de 25 pares é empregado en telecomunicacións para identificar os pares entrelazados e os fíos que os compoñen. Os cables de cobre van cubertos de plástico illante de cor. A primeira cor selecciónase de entre un grupo de cinco cores e a outra dun segundo grupo doutras cinco cores, dando 25 combinacións de dous pares de cores.
Táboa de cores
[editar | editar a fonte]- O primeiro grupo de cores (chamado primario) é, en orde: branco, vermello, negro, amarelo, violeta.
- O segundo grupo de cores (chamado complementario) é, en orde: azul, laranxa, verde, marrón, gris.
As 25 combinacións de cores son as seguintes:
Par # | Primeiro fío | Segundo fío | Ligadura |
---|---|---|---|
1 | Branco | Azul | 25 |
2 | Laranxa | 50 | |
3 | Verde | 75 | |
4 | Marrón | 100 | |
5 | Gris | 125 | |
6 | Vermello | Azul | 150 |
7 | Laranxa | 175 | |
8 | Verde | 200 | |
9 | Marrón | 225 | |
10 | Gris | 250 | |
11 | Negro | Azul | 275 |
12 | Laranxa | 300 | |
13 | Verde | 325 | |
14 | Marrón | 350 | |
15 | Gris | 375 | |
16 | Amarelo | Azul | 400 |
17 | Laranxa | 425 | |
18 | Verde | 450 | |
19 | Marrón | 475 | |
20 | Gris | 500 | |
21 | Violeta | Azul | 525 |
22 | Laranxa | 550 | |
23 | Verde | 575 | |
24 | Marrón | 600 | |
25 | Gris | Non existe | |
Piloto | Branco | Negro |
Descrición
[editar | editar a fonte]Código de cores, 4 pares. |
As cores dos cinco primeiros pares son as máis empregadas tanto en telecomunicacións coma nos conectores RJ-45 ou cable UTP.
As 10 cores son as empregadas en electrónica e as que forman o arco da vella.
Cada feixe de 25 pares leva asociado un par branco/negro chamado "piloto". Este par emprégase para uso técnico, supervisión.
Se o cable de telecomunicacións ten máis de 25 pares agrúpanse en feixes múltiplos de 25. Cada un destes feixes de 25 pares máis o piloto van agrupados cunha ligadura, unha cinta coas cores da ligadura. Así, os 25 primeiros pares levan unha ligadura de cor branca/azul (como se indica na táboa). Os 25 seguintes (pares do 26 ao 50) levan unha ligadura branca/laranxa, e así sucesivamente ata os 600 pares que levan unha ligadura violeta/marrón. Os cables de máis de 600 pares levan unha cinta branca para os primeiros 600 pares, os seguintes seiscentos levan a vermella, e así sucesivamente.
Co uso da fibra óptica os cables de centos de pares cada vez teñen menos uso. Cable R emprega cables de telecomunicacións cun máximo de douscentos pares.