Charles Tate Regan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1878 Sherborne, Reino Unido (pt) |
Morte | 12 de xaneiro de 1943 (64 anos) |
Director de museo | |
Datos persoais | |
Educación | Queens' College, Cambridge (pt) Derby School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ictioloxía |
Ocupación | ictiólogo, zoólogo |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Regan |
Premios | |
Charles Tate Regan, nado o 1 de febreiro de 1878 en Sherborne (Dorset), e finado o 12 de xaneiro de 1943, foi un ictiólogo inglés.
Destacou polos seus extensos traballos, principalmente en torno a principios do século XX, sobre a sistemática dos peixes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Derby School e no Queens' College da Universidade de Cambridge.
En 1901 empezou a traballar no Museo de Historia Natural de Londres, onde foi conservador da área de Zooloxía, e no que chegou a ser director do propio museo, función que desempeñou desede 1927 a 1938.
Foi mentor dun bo número de científicos, entre eles Ethelwynn Trewavas, quen continuou o seu labor no Museo de Historia Natural de Londres.
Describiu varios xéneros, entre eles Austroglossus, e numerosas especies de peixes, sobre todo do xénero Haplochromis. Entre as especies que describiu está o loitador de Siam (Betta splendens).
Honores
[editar | editar a fonte]En 1917 foi elixido Fellow da Royal Society.
Eponimia
[editar | editar a fonte]Moitos autores dedicáronlle a Regan numerosas especies:
- Anadoras regani
- Apistogramma regani
- Apogon regani
- Astroblepus regani
- Callionymus regani
- Cetostoma regani
- Crenicichla regani
- Diaphus regani
- Engyprosopon regani
- Gambusia regani
- Hemipsilichthys regani
- Holohalaelurus regani
- Hoplichthys regani
- Hypostomus regani
- Julidochromis regani
- Lycozoarces regani
- Neosalanx regani
- Symphurus regani
- Trichomycterus regani
- Tylochromis regani
- Vieja regani
- Zebrias regani
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Regan emprégase para indicar a Charles Tate Regan como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Charles Tate Regan, 1878-1943 por R. H. Burne e J. R. Norman en Obituary Notices of Fellows of the Royal Society, 4 (12): 411-426.
- Regan, C. T. (1908): "A revision of the British and Irish fishes of the genus Coregonus" Annals and Magazine of Natural History 2: 482-490
- Regan, C. T. (1911): The Freshwater Fishes of the British Isles Londres: Methuen & Co. Ltd.
- Regan, T. C. (1920): "Revision of the flat-fishes (Heterosomata) of Natal". Annals of the Durban Museum 2 (5): 205-222.