Saltar ao contido

Betta splendens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Betta (Peixe de combate siamés)

Macho loitador siamés (variedade de cola de veo)

Femia Betta splendens
Femia Betta splendens

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Anabantiformes
Familia: Osphronemidae
Xénero: 'Betta'
Especie: ''B. splendens''
Nome binomial
'Betta splendens'
Regan, 1910

Betta splendens é unha especie de peixe de auga doce do xénero Betta. Os bettas tamén son chamados peixes betta, peixes de combate siameses ou peixes de loita siameses.[1] Chámanse peixes loitadores siameses porque a xente adoitaba facer combates entre eles.[2] Os Betta splendens son unha especie popular de peixes de acuario orixinarios de Tailandia. Son coñecidos polo seu comportamento peculiar, as súas cores brillantes e capacidade para respirar aire directamente grazas ao labirinto,[3] un órgano característico que lle permite respirar aire atmosférico. Funciona como un sistema respiratorio auxiliar, que le permite tomar osíxeno.[4]

Na natureza

[editar | editar a fonte]

En estado salvaxe, os bettas viven naturalmente en augas lixeiramente ácidas. A especie prospera en zonas pouco profundas con vexetación densa, incluíndo plantas acuáticas e marismas, con materia orgánica en descomposición e ramas, en pantanos ou mangleiros, campos de arroz inundados, canles e pequenos ríos.[5]

Durante os períodos secos, os peixes loitadores siameses pódense atopar illados en pantanos e pozos pequenos e pouco osixenados. A súa capacidade para tragar aire na superficie permítelle sobrevivir até a próxima tempada. O substrato adoita estar composto por area e humus.[5]

Betta splendens está catalogada como especie vulnerábel na Lista Vermella da UICN.[6] Isto significa que Betta splendens pode estar considera en breve unha especie ameazada.

Peixe loitador laranxa con aleta de 'media lúa'.

Aparencia

[editar | editar a fonte]

Os machos son máis coloridos e adoitan ter aletas de maior tamaño que as femias.[7] Hai moitos patróns de cores e tipos de aletas de Betta splendens. As femias de betta teñen unha forma máis puntiaguda no abdome. Betta splendens pode medir até os 6,5 centímetros de lonxitude.

Betta splendens desovando nun acuario. O macho comezou a recuperar algúns dos ovos que se afundían, e pegándoos no niño de burbullas mucosas na superficie. Despois da posta garda o niño até que as ovas eclosionan. A femia non participa no coidado dos ovos nin dos alevíns.

O peixe loitador siamés foi seleccionado artificialmente para ter aletas grandes e coloridas. Os Betta splendens salvaxes non teñen esas cores brillantes. Bettas son un peixe de acuario popular coñecidos polo seu comportamento e a súa vistosidade. Un tipo de aleta popular é a "cola de veo", un tipo de aletas longas e caídas que parecen un vestido. O vermello e o azul son as cores máis comúns nos peixes betta pero tamén os hai brancos, negros, laranxas e verdes. Antes de os Betta splendens comecen a aparearse, o macho crea un niño de burbullas soprando unhas burbullas recubertas de moco cara á superficie da auga.[8]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Os peixes de loita siameses exhiben un comportamento altamente territorial, o que frecuentemente resulta en confrontacións agresivas cando se atopan en espazos confinados. Esta agresividade é particularmente prominente entre os machos, que tenden a loitar para establecer e manter a dominancia. Durante eses enfrontamentos, un macho pode despregar as súas aletas e branquias e exhibir unha batida lateral coa cola para intimidar ao rival. Este comportamento non só ocorre en presenza doutros peixes betta senón tamén pode ser provocado polo reflexo do propio peixe nun espello ou superficie reflexiva. Ademais, os machos betta son coñecidos por morder ou cortar as aletas doutros peixes dentro do mesmo acuario.[8] A agresividade e territorialidade dos peixes betta é unha característica inherente á súa natureza, pero as condicións inadecuadas no seu hábitat e o seu confinamento con outros machos sen lugares de refuxio poden intensificar este comportamento natural.[9]

Un traballo da Universidade Columbia, estuda a agresividade nos peixes loitadores siameses para entender mellor os mecanismos neuronais e xenéticos que regulan este comportamento, e suxire que certas áreas do cerebro dos peixes están directamente implicadas na persistencia da agresión, ofrecendo posibles paralelismos con trastornos neurolóxicos humanos cando a agresividade cursa tamén con trastornos como a esquizofrenia, o autismoe certos tipos de depresión. Ademais, a investigación explora como a selección artificial, especificamente nas loitas tradicionais de peixes de combate siameses en Tailandia que se remontan ao século XVIII ou antes, influíu na evolución da agresividade dos peixes.[10]

  1. "Perfil de raza de peixes de combate siameses". gl.maychola.com. Consultado o 2025-01-08. 
  2. "Betta splendens – Siamese Fighting Fish (Micracanthus marchei) — Seriously Fish". Consultado o 2025-01-08. 
  3. Doll, Jennifer (2024-06-29). "The Hidden Marvels of the Betta Labyrinth Organ" (en inglés). Consultado o 2025-01-08. 
  4. "Betta Splendens". Acuario Adictos (en castelán). 2012-03-16. Consultado o 2025-01-08. 
  5. 5,0 5,1 "Siamese fighting fish • Betta splendens • Fish sheet". Fishipedia (en inglés). Consultado o 2025-01-08. 
  6. "The IUCN Red List of Threatened Species". IUCN Red List of Threatened Species. Consultado o 2025-01-08. 
  7. "Betta splendens – Siamese Fighting Fish (Micracanthus marchei) — Seriously Fish". Consultado o 2025-01-08. 
  8. 8,0 8,1 Lichak, Madison R.; Barber, Joshua R.; Kwon, Young Mi; Francis, Kerel X.; Bendesky, Andres (2022-06). "Care and Use of Siamese Fighting Fish (Betta Splendens) for Research". www.ingentaconnect.com (en inglés). Consultado o 2025-01-08. 
  9. Oldfield, Ronald G.; Murphy, Emily K. (2024-01). "Life in a fishbowl: Space and environmental enrichment affect behaviour of Betta splendens". Animal Welfare (en inglés) 33: e1. ISSN 0962-7286. doi:10.1017/awf.2024.1. 
  10. Ramos, María (2025-01-08). "Cal é a clave da agresividade humana? Unha galega busca a causa en peixes de acuario". GCiencia. Consultado o 2025-01-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]